Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Alvariño só tardou 10 anos en poñer luz nun paso de peóns na Avda. de Alxeciras

Visitas: 112

Recibimos aviso por un veciño dos traballos que están a realizarse á altura do número 127 da Avenida de Alxeciras e ten toda a pinta que por fin se vai dotar de luz a ese paso de peóns.

10 ANOS RECLAMANDO ILUMINACIÓN PARA O PASO DE PEONS

Podedes comprobalo. Levamos 10 anos pedindo ó Goberno do Concello que dote de luz a dito paso de peóns.

Botade un ollo a esta acta (facer click eiquí) que levantamos dunha Comisión de Area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil celebrada o en setembro de 2016, con Antonio Seijo como concelleiro do Goberno Tripartito (PSOE-BNG-CG).

Daquela foi o noso concelleiro Juan Carlos Pita o que solicitaba dotar de maior seguridade a ese punto:

  • A primeira pola sinalizacion do paso de peons da Av. Alxeciras 100-102. MOVENEDA estima que mentres non se resolva pola Diputacion a solicitude de mellora de toda a sinalizacion da travesia de Neda, segundo o informe da Policia Local, era boa medida que se poñan uns sinais fosforescentes no citado paso de peons para aumentar a visibilidade da sinalizacion actual e minimizar o risco ao cruzar debido a unha deficiente iluminacion.

Que estas actuacións teñan levado 10 anos, da boa medida do nivel de irresponsabilidade co que actúa goberno de Angel Alvariño en asuntos que afectan á seguridade dos veciños. O realmente grave é que isto non é un puntual: é a expresión da indolencia sistemática e dunha incapacidade de xestión que os veciños no podemos seguir tolerando.


Etiquetas:

comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.