saúdo deNeiva Tristão
Na lexislatura 2023-27 resultou electo o noso compañeiro Carlos Caaveiro, veciño do Roxal e traballador no sector forestal
O desempeño de Carlos nas funcións de concelleiro da oposición duraron ate xuño de 2025, momento en que cedeu as responsabilidades á compañeira Neiva Tristao

Un saúdo, vecinos e veciñas
Son Neiva Tristão Oliani, veciña da Mourela, de hai moitos anos, rexento un pequeno negocio de Artes Gráficas.
Algúns xá me coñecen por ter axudado co equipo da directiva da Asociación de veciños de Ancos, ademais de traballar como Auxiliar Sociosanitaria de Axuda a Persoas no Domicilio, aquí no Concello de Neda e Naron.
O paso de colaborar nunha A.V. e traballar cos compañeiros de Moveneda foi natural, unha experiencia bonita que convido todos os veciños probar. Na Asociación de Veciños notase as carencias do Concello e de como un goberno municipal pode ser unha traba.
Desde Moveneda pensamos que un Concello debe ser cercano, amigo, útil, unha axuda para facilitar a vida das persoas que aquí vivimos.
Quero agradecer e recoñecer aos meus compañeiros e compañeiras que me precederon nesta labor como representantes dos veciños de Neda, Leticia Iglesias, Juan Carlos Pita e Carlos Caaveiro. O meu agradecemento especial ao equipo que forma MOVENEDA, persoas que traballan diariamente para que este proxecto siga adiante.
Pido a todos o máximo apoio nestas novas responsabilidades como concelleira e agradezo todos os comentarios que me transmitades.
Estou a vosa disposición, como concelleira e amiga, grazas.
Un saúdo, Neiva
Formación:
Técnica Superior en Proxectos de Edificación, con Especialización BIM (Building Information Modeling)
Certificado de Profesionalidade de Docencia da Formación Profesional para o Emprego.
Certificado de Profesionalidade de Actividades de Xestión Administrativa
Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.

