artigosmáis lidos
Os 30 artigos e noticias máis lidas na nosa web dende 2015
Neda sen saneamento mentres a Xunta do PP deixa sen gastar o 80% do presupostado para estas infraestructuras
2025.Dic.22
Un documento de Augas de Galicia recoñece que, dos máis de 800 millóns de euros previstos para saneamiento e depuración, a Xunta do Partido Popular só deu executado 147 millóns ata decembro de 2023: menos dun 20%.
Moveneda Informa - Taxazo da Basura 1: Que é o taxazo que van aplicar os concellos? Aféctanos en Neda?
2025.Nov.13
Nas últimas semanas lemos novas sobre protestas veciñais en distintos concellos causadas polo chamado "taxazo da basura". Un exemplo foi o conflito que estalou en Cangas do Morrazo. A veciñanza protesta ó recibir, de súpeto e sen información previa por parte do goberno municipal, facturas da basura que duplican o seu importe no caso de veciños individuais ou, ven o importe multiplicado por seis nos casos de industrias e hostelería.
Cómo é posible que Alvariño tarde máis de catro anos en pintar un paso de peóns?
2025.Oct.23
O paso de peóns do Poulo representa o exemplo perfecto da neglixencia do goberno de Alvariño, un auténtico record de incompetencia municipal. Un proxecto solicitado polos veciños e que acumula retrasos inxustificables, case cinco anos para pintar un paso de peóns.
Cómo hai que facer para aparecer 65 veces en Television Ferrol?
2026.Ene.30
O de Neda é o alcalde da comarca que foi entrevistado máís veces nese medio, a moi longa distancia dos alcaldes de Ferrol ou Narón.
Neda pode apostar por un Punto Limpo Móbil coas novas axudas da Xunta
2025.Dic.25
A Xunta asigna máis de 1,6 millóns de euros para que os concellos como Neda melloren os seus puntos limpos fixos ou adquiran puntos limpos móbiles. Dende MOVENEDA facemos un chamamento público ó grupo de goberno para que solicite canto antes estas axudas e aposte por dotarse do servizo de punto limpo móbil no noso concello, para facilitar a reciclaxe e paliar o problema dos residuos voluminosos
Dez anos esperando por unha pista de pump-track
2025.Nov.20
En 2014, un grupo de rapaces dirixiuse ó Concello de Neda solicitando que se instalase unha pista de pumptrack. Nunca lles fixeron caso. Esta é a historia.
Así se fabrica un bulo
2025.Dic.13
Hoxe imos explicar como se fabrica e se propaga un bulo, as fake news. E para iso temos o exemplo perfecto.
Frente os bulos, información e feitos: conserxes no CEIP Maciñeira e San Isidro
2025.Dic.04
Debido á xubilación dos conserxes (dos CEIP de Maciñeira e San Isidro) convocouse un concurso oposición para cubrir en primeiro termo a praza de Maciñeira, xa que foi primeiro conserxe en xubilarse.
Maderistas e deixadez de funcións
2026.Feb.05
Recibimos de novo as queixas de veciños e veciñas polo desinterese do goberno do concello ante os problemas provocados polas actividades de extracción de madeira.
Eladio Romero se achanta e non mostra probas das graves acusacións que verte en medios de comunicación
2024.Dic.03
Dende Moveneda levamos anos traballando de forma seria e constante para denunciar os presuntos casos de corrupción do PP e do PSOE no noso concello.
A obra da rotonda de Xubia vai para largo: Exemplo de improvisación chapuceira
2026.Ene.28
Dos asuntos que sairon a debate no Pleno Ordinario do pasado luns 26 estivo o das obras da rotonda de Xubia. O goberno municipal nos comunicou que, tras consultar coa empresa adxudicataria da obra, esta lles di que "esa é un ha zona moi inundable,e que non daban traballado, por eso está todo parado hasta que se solucione ese tema".
Goteiras no Pavillón municipal: un feito que se repite dende hai máis de 10 anos
2026.Feb.14
Queremos expresar a nosa máis firme protesta e indignación polo espectáculo lamentable e absolutamente vergoñento que tiveron que soportar os asistentes á Festa de Comparsas de Antroido celebrada no Pavillón Municipal de Neda.
É a seguridade vial unha prioridade para o goberno de Alvariño?
2025.Nov.03
Botar catro anos para pintar un paso de peóns no Poulo non é o único problema de seguridade vial que non atende o goberno do concello. Hoxe imos explicar que acontece coa inseguridade viaria no tramo da AC-115 que discurre dende a saída da AP-9 pola Avda. de Alxeciras ata o cruce coa AC-862 en Xuvia. Un treito, no que nos últimos anos, houbo catro mortes por atropelo.
Obras paradas na rotonda de Xubia: Por qué e ata cando?
2025.Dic.09
Nas últimas semanas toda a veciñanza puidemos comprobar como as obras da rotonda de Xubia están completamente paralizadas.
Corte do servizo de auga en moitos lugares de Neda
2025.Ago.15
Os veciños de moitas zonas do concello botamos varios días con problemas no suministro de auga ou directamente sen el por mor unha avería, que semella xa esta reparada. Nas vindeiras horas se ira recuperando o servizo.
Machismo no pleno de Neda: o alcande impón o seu criterio por coll...
2024.Nov.24
Nos máis de 9 anos de goberno de Angel Alvariño é a primera vez que conseguimos que o goberno municipal consensúe e chegue a acordos co resto de de partidos da oposición sobre a declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En vez de colaborar, Augas de Galicia e Concello de Neda rifan entre eles
2025.Nov.17
As dúas administracións andan entretidas nunha liorta de comunicados e declaracións botándose as culpas do ano que tardou unha solicitude para ser aprobada
En repulsa pola nefasta xestion da Festa do pan de Neda
2025.Jul.29
O alcalde Alvariño volve demostrar a súa falla de transparencia e nula vontade de diálogo de cara a renovación na organización da Festa do Pan. Durante o pleno de onte luns, os grupos da oposición solicitamos información sobre esta celebración, que debería ser un orgullo para toda veciñanza. Alvariño so puido dar respostas evasivas e vagas.
O clientelismo pudre ó Concello de Neda
2025.Dic.04
O sábado 29 de novembro o alcalde anunciou nas súas redes sociais privadas e nas do seu partido político axudas e subvencións da Deputación da Coruña. O grave é que o fixo antes de que esa información estivese dispoñible nos canais oficiais municipais.
Alvariño modifica a ordenanza para dificultar ós veciños a instalación de sistemas de enerxía alternativos e ecolóxicos
2022.Ago.01
No Pleno Ordinario de hoxe luns, o Goberno do Concello de Neda vai rematar a tramitación da modificación dunha ordenanza que dificultará ós veciños de Neda a instalación de sistemas de enerxía alternativos e ecolóxicos, como a térmica solar ou de xeración de electricidade.
Alguen pagaría dúas veces polo mesmo traballo?
2025.Nov.04
Moita xente nos pregunta porqué os enseres do rural botan un mes ou a veces máis tempo na rúa e sen recoller.
Hoxe imos explicar as razóns polas que acontece este curioso fenómeno que, de propina, fai que o concello pague dúas veces polo mesmo servizo.
Corte de Auga | Tal e como pedia MOVENEDA, o alcalde informara á oposición e ós veciños
2025.Ago.18
Hoxe soupemos pola prensa que esta prevista unha reunión da Xunta de Portavoces dos grupos municipais para este vindeiro venres 22 de agosto. Nada como a presión para que o alcalde faga o que xa deberia ser normal, ante un asunto grave como o corte da auga: informar e dar explicacións.
Moveneda, único grupo municipal que denuncia a corrupción no Concello de Neda
2024.Dic.03
Dende Moveneda levamos anos traballando de forma seria e constante para denunciar os presuntos casos de corrupción do PP e do PSOE no nos concello.
Terceiro pleno en menos de mes e medio. Agora: nova pasarela do Belelle
2025.Nov.11
Ontes celebrouse na Casa do Concello o que foi o terceiro pleno en menos de mes e medio, cousa bastante pouco habitual.
Cando digan que as folgas non serven de nada, lembra os traballadores de LIDL Narón
2025.Nov.11
Os traballadores de LIDL Naron veñen de obter unha grande victoria sobre a empresa. Despois dunha heroica folga de 97 días en 2023, a plantilla vence a unha patronal rastreira que utilizou as máis arteiras manobras para romper a determinación de loita da plantilla.
A favor da remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAD) en Neda
2025.Dic.29
Dende MOVENEDA queremos facer pública a proposta para que o goberno do Concello de Neda inicie un debate aberto sobre remunicipalizar o Servizo de Axuda no Fogar (SAD).
Consideramos que o exemplo do municipio de Rota (gobernado polo PSOE), debe servir como modelo a estudar e replicar en municipios como o noso.
Neda contra o sol: cando un goberno municipal decide ir contra ó futuro
2026.Mar.05
Mentres o mundo acelera a transición cara ás enerxías renovables, o goberno do Concello de Neda decidiu emprender un camiño contrario: dificultar, encarecer e desincentivar que os veciños adoptemos opcións enerxéticas limpas e sostibles.
Neda perde oportunidades mentres outros concellos aproveitan as axudas ambientais
2026.Feb.21
Hai semanas propuxemos que o Concello de Neda se presentase as subvencións da Xunta para dotarse dun remolque de Punto Limpo Movil. Non temos constancia de que fixeran nada. Como esta, existen outras axudas para dotacións, por exemplo para instalar un punto de recarga de vehículos eléctricos como fixo o Concello de Cerdido.
Queremos pedir perdon ó alcalde. Mentimos. Neda si ten un punto de recarga.
2026.Mar.02
Ós veciños que formamos MOVENEDA somos humanos e tamén nos equivocamos. Moito, seguro.
Hai uns días acusamos ó goberno municipal e non facer nada por dotármonos dun punto de recarga para vehículos eléctricos... e metimo-la zoca.
Alguen pensa que este goberno municipal ten plan a medio prazo para Neda?
2026.Mar.25
É a pregunta a facerse cando pensamos que lles levou 10 anos adoptar unha medida de seguridade necesaria: a correcta iluminación nun paso de peóns.
MOVENEDA aposta pola continuidade urxente do programa Aloumiños
2025.Dic.22
O programa Aloumiños é unha iniciativa de acompañamento social, emocional e comunitario dirixida principalmente a persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia nos concellos. A través de almorzos compartidos, actividades grupais e espazos de encontro, o programa promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida.
Por fin vemos traballos no afundimento da Volta do Poulo
2026.Ene.12
Hoxe, case dous anos despois do primeiro aviso, e co afundimento máis pronunciado e evidente que nunca, vemos que xa esta a facer algun tipo de traballo na Volta do Poulo. Agardamos que estas sexan obras para consolidar o piso e evitar un derrumbe.
Declaración de Moveneda: contra a basura nas redes e os operadores anónimos
2023.May.11
DECLARACIÓN DE MOVENEDA
Ultimamente hai algúns elementos moi activos que operan nas redes sociais desde perfís anónimos.
Hoxe, dende un deses medios agochados no anonimato se acusa ós compañeiros do BNG de copiarnos o noso lema "En Neda merecemos máis"
Máis exemplos: Padrón aproveita fondos europeos para millorar a recollida de residuos mentres Neda segue a perder oportunidades
2026.Mar.04
O Concello de Padrón adquiriu un camión auxiliar eléctrico para a recollida de residuos, segundo recollen medios como El Correo Gallego. O vehículo foi financiado maioritariamente con fondos europeos NextGenerationEU, xestionados pola Xunta de Galicia.
Os veciños denuncian apagóns que duran semanas. ¿Qué fai o concello?
2026.Mar.12
Desta volta é nas zonas do Cal e Alcallás, onde os veciños denuncian que levan 16 dias sen iluminación e que, por riba, o goberno do Concello non fixo nada.
Estas novas zonas afectadas por cortes na luz pública se suman ás que levamos denunciando dende decembro en zonas de Anca e Fontevella.
13A - Folga no Servizo de Asistencia no Fogar
2025.Ago.12
A CIG convoca unha xornada de folga no Servizo de Asistencia no Fogar (SAF) para mañá 13 de agosto en protesta pola morte violenta de Teresa de Jesús González, traballadora dese servizo en O Porriño, e contra os riscos e precariedade coa que traballa este colectivo.
Se reivindica tamén a elaboración dun protocolo que protexa ao colectivo de traballadoras do SAF fronte a situacións de violencia.
O vindeiro luns, Comisión de Área de Servizos sociais
2026.Ene.30
Ás 10:30 deste luns 2 de febreiro está convocada a Comisión Informativa da Área de Servizos sociais. Nesta comisión, aparte de outros temas, imos mostrar a nosa preocupación pola paralización do Proxecto Aloumiños.
Puidemos ser os primeiros, pero preferiron ser do monton
2019.May.02
En Naron, Cedeira e As Pontes xa teñen pistas de pumptrack. Hai cinco anos os rapaces do noso concello tiveron a iniciativa e presentaron unha proposta novedosa pero non lles fixeron caso.
Neda, por fin libre de simboloxía fascista
2024.Oct.16
Hoxe rematou un longo proceso iniciado por unha Comisión de Memoria Histórica que parteu dunha moción de Moveneda.
Eliminar este resto fascista das nosas ruas despexa o camiño para poder constituir o Consello Sectorial de Memoria Historica.
Control e seguimento ás depuradoras en poboacións de máis de 2.000 habitantes
2026.Ene.13
A Xunta, a través de Augas de Galicia, vai facer control e seguimento das instalacións de depuración de augas residuais urbanas das aglomeracións de máis de 2.000 habitantes equivalentes, como Neda. Isto faise pola obriga da directiva marco da auga que exixe a supervisión das depuradoras deste tipo de núcleos.
Novidades nas obras da "Rotonda de Martina"
2026.Feb.05
Segue o culebrón coa chapuzada de obra na "Rotonda de Martina": xa temós tres versións do que está a pasar.
O concello rematou as reparacións no Canal da Marina... pero a alegria non é completa
2026.Feb.28
Traemos noticias, unha boa e unha mala. A boa é que o Concello rematou as reparacións no Canal da Marina... pero a alegría non é completa.
Comunicado OFICIAL de MOVENEDA as acusacións verquidas polo PP de NEDA
2016.Mar.21
Leticia Iglesias en nome do grupo municipal Moveneda e en contestacion as acusacions vertidas capciosamente polo grupo do PP de Neda, quere puntualizar as seguintes cuestions:
Información dos asuntos debatidos nas Comisións de Área celebradas en decembro
2025.Dic.16
Como ben saberedes se seguides habitualmente as nosas publicacións, as Comisións de Área son un órgano interno de traballo e apoio ó goberno municipal para organizar e xestionar mellor o traballo do concello. Nesta publicación vos transmitimos a información que obtivemos nas que se celebraron nos primeiros días deste mes de decembro.
Parabens: tres meses para eliminar unha barreira arquitectonica
2017.Abr.03
Cando se fan mal as cousas, decimolo, igual que cando se fan ben. Tamen se di que as cousas do palacio van despacio, e as veces no Concello de Neda un chisquiño mais.
A forza da auga leva por diante a escollera na Ponte de Balbina
2026.Feb.05
Hai uns meses e tras retirar o azude, Augas de Galicia montou unha escollera cerca da ponte de Balbina para protexer a marxe do río Lamentablemente, a forza da auga dos últimos temporais rematou por levar por diante dita protección.
Neda e o risco de inundación: uns mapas para axudar a planificar e prevenir
2025.Dic.02
O xornal a Voz de Galicia publicou hai días un artigo afirmando que "Un mapa del Gobierno alerta de gravísimas inundaciones en la ría de Ferrol dentro de diez años".
Entrevista a concelleira Neiva Tristão na Cadena SER
2026.Mar.17
O programa Hoy por Hoy da Cadena SER en Ferrol entrevistou hoxe á nosa concelleira Neiva Tristão.
Raúl Salgado entrevistou a concelleira de MOVENEDA sobre os asuntos de actualidade que acontecen no noso Concello.
Moveneda Informa - Taxazo da Basura 2: SOGAMA vs NOSTIÁN, dous modelos de xestión de residuos e o impacto na taxa do lixo
2025.Dic.05
Este é o segundo de tres artigos que MOVENEDA publica para informar e debater sobre as novas taxas da basura que van a aplicar todos concellos.
𝗗𝗘𝗖𝗟𝗔𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡 𝗗𝗘 𝗠𝗢𝗩𝗘𝗡𝗘𝗗𝗔 𝗔 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗫𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗔𝗥𝗤𝗨𝗘 𝗘𝗢𝗟𝗜𝗖𝗢 𝗖𝗔𝗔𝗩𝗘𝗜𝗥𝗢
2021.Jul.06
En MOVENEDA recoñecemos a urxencia por mudar o uso de enerxías fósiles á enerxías renovables, sostibles e moito menos contaminantes, pero esta transición ecolóxica debe respectar o entorno paisaxístico, histórico, cultural, económico e social.
