coñece o Concelloe o seu funcionamento
Nesta sección imos tentar expoñer vários conceptos básicos referidos a entidade municipal e unha explicación de como funciona un Concello como o de Neda

Qué é un Concello?
Un concello é a corporacion composta por un alcalde e vários concelleiros para a administración dos intereses dun municipio. Soe estar presidido por un alcalde que ostenta a presidencia da administración local e do pleno municipal, que formado polos concelleiros ou edís, exerce a potestade normativa a nivel local. Por extensión, tamén chámase Concello ou Casa do Concello á casa consistorial ou edificio que cumpre as funcións de sede principal da institución e sede administrativa.
Polo xeral, o concello é o organo administrativo de menor rango territorial e, polo tanto, o máis achegado ó cidadán, inda que os concellos grandes poden subdividirse administrativamente en barrios, distritos ou pedanías (estas xa de caracter máis rural).
a alcadíaresponsabilidades e funcións
A alcaldía, a máxima representación do concello. Eiquí explicamos as funcións e responsabilidades que ten asignadas

Qué é un Alcalde?
Un alcalde é un cargo público que se atopa á fronte da administracion politica dunha cidade, concello ou pobo.
O alcalde ten un mandato que dura catro anos e pode ser reelexido. A súa obriga consiste en defender os intereses dos seus concidadáns mediante a execución de politicas locais que teñan por obxetivo a mellora da súa calidade de vida.
Funcións da alcaldía
O alcalde dirixe a administracion municipal, preside e representa ó concello. É elexido entre os concelleiros por maioria absoluta, os cuais son a súa vez elexidos polos veciños.
Métodos de elección
Existen tres formulas de eleccions, dependendo do numero de habitantes do concello. Se existe un rexime de concello aberto (menos de 100 habitantes), os veciños elixen o alcalde directamente por maioria, isto tamén se coñece polo nome de postor ou alcalde pedáneo.
Se o concello ten unha poblacion entre 100 e 250 habitantes, escóllese polo metodo de listas abertas. Nunha mesma papeleta figuran os candidatos de todos os partidos, e os electores deberan seleccionar un determinado número deles. Os máis votados serán nomeados concelleiros, os cuais, posteriormente, elexiran o alcalde.
No resto dos casos, os partidos políticos ou agruacións electorais concorren en listas pechadas. A asignación de concelleiros realizaráse en función do Sistema D'Hont.
Os concelleiros serán os que posteriormente escollan ó alcalde de entre xeralmente, os cabezas de lista de cada partido. Se o partido gañador obtivo a maioría absoluta dos concelleiros, na posterior votacion entre os edís para elexir alcalde non haberá problema en que este pertenenza á formacion politica gañadora. Se polo contrario, ninguén obtén a maioría absoluta dos concelleiros, búscase o establecimento de pactos entre os partidos para conformar maiorías de goberno estables, e como resultado destes non necesariamente o alcalde ten porque pertencer ó partido con maior numero de concelleiros.
Se ningún dos pactos acada maioría absoluta, aínda que estes pactos sexan claramente maioritarios e superen con creces ós resultados de outros pactos ou listas, é proclamado Alcalde o concelleiro que encabeza a lista que obtivo o maior número de votos No concello. En caso de empate, resolverase por sorteo.
Facultades da alcaldía
O alcalde ten toda una serie de facultades, algunas delas son delegables.
Está asistido por un organo colexiado que recibe o nome Xunta de Goberno Local e está formado por un numero non superior a un tercio do número legal de membros do Pleno. Corresponde ó alcalde o nombramiento do teniente de alcalde.
Alcaldes democraticos de Neda
1931 Valentin Gomez Pita
1979 Jose Carlos Pita Lopez (ADNI)
1983 Jose Carlos Pita Lopez (ADNI)
1987 Jose Carlos Pita Lopez (ADNI)
1991 Jose Carlos Pita Lopez (PSdeG)
1995 Jose Carlos Pita Lopez (PSdeG)
1999 Jose Carlos Pita Lopez (PSdeG)
2003 Jose Carlos Pita Lopez (PSdeG)
2007 Jose Ignacio Cabezon Lorenzo (TEGA)
2011 Jose Ignacio Cabezon Lorenzo (PPdeG)
2015 Angel Alvariño Saavedra (PSdeG)
2019 Angel Alvariño Saavedra (PSdeG)
2023 Angel Alvariño Saavedra (PSdeG)
as concelleríasatribucións e responsabilidades
Que é un concelleiro? As obrigas e labouras que ten asignadas os cargos electos dun concello

Que é un concelleiro?
Un concelleiro (de «concello», e este do latin concilium, 'asamblea’), edil (do latin aedilis, maxistrado romano) ou rexedor (do latin regere, 'gobernar’ y -dor) e un membro electo da administracion politica dos concellos. Estes forman o organo colexiado que exerce de goberno municipal.
Mandato
O concelleiro e elexido e exerce o seu mandato por un periodo dunha duracion de catro anos. As condicions da eleccion, o exercicio, a continuidade no cargo e a posibilidade de reeleccion e ao final de cada lexislatura, dependen da lexislacion electora
¿Cal é a funcion dun concelleiro?
Como representantes directos da cidadania, os miembros do Pleno ou Corpo Deliberativo deben presentar proxectos e sancionar ordenanzas que respondan ás necesidades e inquietudes da comunidade e que tendan a millorar a calidade de vida dos habitantes do concello. O Corpo Deliberativo ten, ademáis, a facultade de controlar as acciones encaradas polo Concello, solicitando informes e explicacións os seus funcionarios.
O concelleiro ten coma funcion a promocion do desenrolo do concello dentro de diversas areas (educacion, cultura, sanidade, transportes, economia, facenda, parques e xardins, obras publicas, urbanismo, etc.), pra o que soe especializarse coma «concelleiros de area». Tamen pode especializarse nun distrito ou outra division espacial local. Ademais, desemrola a funcion de fiscalizacion do traballo do alcalde da cidade ou poboacion.
Outro cargo que tamen existe e o de tenente de alcalde ou vicealcalde.
Nalguns paises, coma e no caso do Estado Español, os concelleiros, ao inicio de cada lexislatura municipal, nomean de entre eles quen vai a ocupar o cargo de alcalde, e incluso poden depoñrlo posteriormente e antes de que remate o seu mandato mediante unha mocion de censura.
Concellerias en Neda (Lexislatura 2015)
Pra a lexislatura 2015, a alcaldia repartiu as funcións do concello entre as seguintes concellerías:
Concelleria de Urbanismo
Concelleria de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade
Concelleria de Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relacion coas Asociacions
Concelleria de Medioambiente, Industria, Comercio e Xuventude
Concelleria de Obras, Servizos, Parques e Xardins
Concelleria de Educacion, Cultura, Patrimonio e Turismo
Concelleria de Deportes, Seguridade Cidada e Transportes
grupo de gobernoo equipo do alcalde
Qué é o goberno municipal? Quen forma parte do mesmo? Nesta sección explicamos que funcións ten e como se organiza

Grupo de Goberno lexislatura 2015
O Grupo de Goberno no Concello de Neda na lexislatura que se iniciou en 2015 esta formado por un tripartio resultado dun pacto de goberno entre PSOE, BNG e CG
Grupo de Goberno Lexislatura 2015-2019 |
|
|---|---|
Concelleiro/Concelleria |
Responsabilidade |
| Angel Alvariño Saavedra (PSOE) | Alcalde e Concelleiro de Urbanismo |
| Ana Rosa Pena Barcia (PSOE) | Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade |
| Gonzalo Ferreiro Rego (PSOE | Concelleiro de Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relacion coas Asociacions |
| Maria Begoña Balsa Alonso (PSOE) | Concelleira de Medioambiente, Industria, Comercio e Xuventude |
| Angel Garcia Cordero (PSOE) | Concelleiro de Obras, Servizos, Parques e Xardins |
| Helena Pardo Rodriguez (Grupo Mixto) - Demitida o 29 de Setembro de 2016 Cristina Bouza Bellon (BNG) - Toma de Posesion: 24 de novembro de 2016 |
Concelleira de Educacion, Cultura, Patrimonio e Turismo |
| Antonio Seijo Martinez (Grupo Mixto) | Concelleiro de Deportes, Seguridade Cidada e Transportes |
Grupo de Goberno lexislatura 2019
O Grupo de Goberno no Concello de Neda na lexislatura 2019 pasou a estar composto por nove concelleiros do PSOE
Grupo de Goberno Lexislatura 2019-2023 |
|
|---|---|
Concelleiro/Concelleria |
Responsabilidade |
| Angel Alvariño Saavedra (PSOE) | Alcalde |
| Ana Rosa Pena Barcia (PSOE) | Concelleira de Servizos Sociais e Terceira Idade |
| Gonzalo Ferreiro Rego (PSOE | Concelleiro de Medio Rural, Seguridade Cidadá e Protección Civil. |
| Verónica Vigo Santamariña (PSOE) | Concelleira de Urbanismo e Cultura |
| Angel Garcia Cordero (PSOE) | Concelleiro de Obras |
| Ángeles Puentes Maceiras (PSOE) | Concelleira de Edicación e Deportes |
| Eduardo Rodríguez Rey (PSOE) | Concelleiro de Traballo, Medio Ambiente, Xuventude e Igualdade. |
| Soraya María Fernández Leal (PSOE) | Concelleira de Patrimonio Histórico, Turismo, Industria eComercio. |
|
José Manuel Sanmartín Fornos (PSOE) |
Concelleiro de Servizos, Parques, Transportes e Sanidade. |
Grupo de Goberno Lexislatura 2023-2027
O Grupo de Goberno no Concello de Neda na lexislatura 2019 pasou a estar composto por seis concelleiros do PSOE
Grupo de Goberno Lexislatura 2023-2027 |
|
|---|---|
Concelleiro/Concelleria |
Responsabilidade |
| Angel Alvariño Saavedra (PSOE) | Alcalde, responsable de área de Facenda e Servizos Sociais, |
| Angel Garcia Cordero (PSOE) | Concelleiro de Obras, Seguridade Cidadá e 3a Idade. |
| Ángeles Puentes Maceiras (PSOE) | Concelleira de Educación, Deportes e Igualdade. |
| José Manuel Sanmartín Fornos (PSOE) | Concelleiro de Servizos, Sanidade e Medio Rural. |
| María Ángeles Bello Salazar (PSOE) | Concelleira de Cultura e Turismo |
| Javier Novo Rodríguez (PSOE) | Urbanismo, Medio Ambiente e Xuventude. |
a oposicióno control democático do goberno
A "oposición" non significa dicir NON a todo. Nesta sección explicamos en que consiste a necesaria laboura da oposición

As funcións da oposición
Os grupos da oposición nun concello teñen unha función esencial para o bo funcionamento da democracia local. A súa presenza garante que o goberno municipal non actúe de maneira unilateral nin sen control, ofrecendo un contrapeso necesario ás decisións que se toman desde a alcaldía e a xunta de goberno.
En primeiro lugar, os grupos da oposición exercen unha función de control e fiscalización. Isto significa que revisan e supervisan as políticas, proxectos e orzamentos que presenta o equipo de goberno. A través de preguntas, rogos e mocións nos plenos municipais, poden esixir explicacións, detectar irregularidades e reclamar transparencia. Así, evítase que haxa opacidade na xestión dos recursos públicos e fortalécese a confianza da cidadanía nas institucións.
En segundo lugar, a oposición cumpre unha función propositiva. Non se limita a criticar, senón que tamén pode presentar alternativas, plans e iniciativas que melloren a vida do municipio. As mocións ou emendas que propoñen poden ser aceptadas ou rexeitadas, mais sempre contribúe
Representación da pluralidade social e política
Outra función importante é a representación da pluralidade social e política. Nun concello, a veciñanza non pensa nin vota de maneira uniforme. A oposición dá voz ás minorías e ás sensibilidades diversas, garantindo que todas as persoas teñan espazo no debate municipal. Deste xeito, conséguese unha institución máis inclusiva e respectuosa coa diversidade ideolóxica.
Tamén teñen unha función pedagóxica e comunicativa. A oposición explica á cidadanía o contido das decisións que se toman no concello, denuncia posibles malas prácticas e difunde as súas propostas. Isto fomenta a participación veciñal e axuda a que a xente se implique máis na política local.
A oposición: imprescindible control democrático do goberno
En resumo, os grupos da oposición son imprescindibles para que un concello sexa democrático, transparente e plural. A súa labor de control, proposta, representación e comunicación contribúe a mellorar as políticas municipais e a garantir que o poder non se exerza de maneira autoritaria, senón sempre en beneficio do conxunto da veciñanza.
outros conceptosbásicos
Qué é unha moción? Como pode un veciño solicitar algo ó Concello? Qué é o Rexistro? Estas e outras dúbidas, nesta sección

Outros conceptos basicos
Existen outros conceptos legais e funcionais que poden axudarnos a comprender mellor o funcionamento do noso concello. Eis van alguns deles:
¿Como fan os concelleiros pra presentar un proxecto?
Todo asunto que promova ou presente un concelleiros, debera facerlo en forma de Proxecto de Ordenanza, Decreto, Resolucion, ou Minuta de Comunicacion.
¿Que e unha Ordenanza?
e unha disposicion emanada do Pleno, que crea, reforma, suspende ou deroga unha regra xeral, de cumprimento no ambito municpal.. (Art. 77. Ley Organica das Municipalidades).
¿Que e un Decreto?
e unha disposicion que adopta o Pleno e que ten por obxeto o rexeite de solicitudes particulares, a adopcion de medidas relativas a composicion ou organizacion interna do Pleno e, en xeral, toda disposicion de caracter imperativo que non requira da sua promulgacion do Departamento Executivo. (Art. 77. Ley Organica das Municipalidades).
¿Que e unha Resolucion?
e unha disposicion que adopta o HCD (Honorable Concello Deliberante) e que ten por obxeto expresar unha opinion que poden emitir os concelleiros sobor de calquera asunto de caracter publico ou privado ou manifestar a sua vontade de practicar algun acto en tempo determinado. (Art. 77. Lei Organica das Municipalidades).
¿Que e unha Minuta de Comunicacion?
e unha disposicion que adopta o HCD e que ten por obxeto contestar, recomendar, pedir ou expoñeer algo. (Art. 77. Lei Organica das Municipalidades).
¿Cales son as Comisions Internas?
As oito Comision Internas de Traballo do Honorable Concello Deliberante son:
Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
Seguridade Cidada, Deportes, Transporte e ProteccionCivil
Educacion, Cultura, Turismo e Patrimonio Historico
Economia e Facenda
Urbanismo
Obras e Servizos
Industria, Comercio e Xuventude
Medio Rural e Asociacions
A composicion das Comisions realizase mediante a eleccion anual dos seus membros (concelleiros) na primeira Sesion Ordinaria do Corpo, puidendo ser reelectos.
tes algunha consulta?envíamos as túa dúbidas
Se queres aclarar algún concepto máis referido ó concello, a súa estructura, función ou calquera outra pregunta, ponte en contacto con nos
