Publicamos o programa emitido o pasado mércores 18 de xuño de 2025 no que Television Ferrol entrevistaba a Angel Alvariño, alcalde do Concello de Neda.
Con esta é a sexaséximo primeita vez que Angel Alvariño asiste a unha entrevista en Television Ferrol. É o alcalde da comarca que maís veces foi entrevistado en ese medio, a moi loinga distancia dos alcaldes de Ferrol ou Narón.
Isto porqué acontece? A realidade non é que o alcalde sexa un brillante comunicador ou persoeiro de extrema actualidade informativa. Non, o certo é que o Concello de Neda paga por esas entrevistas. Cada mes que Alvariño é entrevistado, coincide que se lle pagan 726€ á empresa "Axencia Audiovisual Gallega de Comunicacion SL". Esta empresa é Televisión Ferrol. O gasto imputado ten o concepto de "Emision de espacios publicitarios para el Concello de Neda".
Evidentemente se esta a pagar polas entrevistas ó alcalde Angel Alvariño.
Dende MOVENEDA consideramos que estes gastos, mais que publicitarios do Concello, teñen unha evidente finalidade propagandistica, partidista e personalista.
ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |