O pasado venres 27 de maio 2016, tivo lugar a Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil.
A reunion da Comision asistiron 3 membros do servizo de Proteccion Civil (Adolfo, Wenceslao e Dani) para informar da sua actividade: Neste momento hai 14 voluntarios. Solicitaron axudas da Xunta dun remolque para emerxencias con material (motoserra, etc).Perciben 1500€ da Xunta e 5000€ do Concello que asume tamen o pago do combustible. Os 5000 € se reparten en 2000 en concepto de materiais e 3000 pola atencion do albergue. Apertura a 12 h e as 20:30 h rexistro de ocupantes e cobro de cuotas.
Dende MOVENEDA se comentou que durante as inundacions o material non estaba en condicions (motobomba non arrancou, sinais trafico que non funcionaban.... e se preguntou pola responsabilidade do mantemento do material. Adolfo responde que e responsabilidade sua e que en ocasions non e o mais axeitado. Ademais di que a motobomba ten un consumo residual grande e que en ocasions non arrancou. Gonzalo Ferreiro (PSOE) indica que hai uns arrancadores con carga de mantemento que habera que ver se o que teñen dispon desta funcion. Adolfo comenta que o Concello dispoñia dunha bomba de achique e motoserra, pero os membros de Proteccion Civil non teñen acceso a elas. MOVENEDA pregunto tamen pola existencia de estatutos e se hai prevista renovacion da directiva. Indicousenos que si que hai estatutos e que se faran en breve elecions.
Xa no tocante o concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comision de varias materias:
Ao concelleiro se lle fixeron as seguintes preguntas:
Seguimos sen recibir a documentacion pendente que xa foi solicitada hai tempo: Contrato coa empresa que xestiona as Escolas Deportivas, outro informe do material que ten dipoñible Proteccion Civil e o Plan de Emerxencias
Si foron entregadas copias dos integrantes de Proteccion Civil e do informe da Policia Local para a millora da sinalizacion da travesia de Neda (AC-115).
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |