
O pasado venres 30 de xuño de 2016, tivo lugar a Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil.
Non se presentou para a sua aprobacion acta da anterior comision polo tema do ataque informatico que afecta a diversos ordenadores do Concello.
O concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comision de varias materias:
Primeiramente da aprobacion dunha subvencion da Deputacion para investimentos deportivos por un importe de 11.987€. Entrega unha copia da memoria enviada que ten un importe de 15.920€, polo que estan estudando se quitar algo ou que o Concello de Neda aporte a diferencia.
Comenta tamen o asunto da Carreira Solidaria, sera o dia 02 de xullo as 11:00 h. Entregounos copias da documentacion. Informa dunha subvencion de 10.000€ da Deputacion para actividades deportivas.
No eido de equipamentos deportivos infoma a esta comision de que xa se van a levar as porterias para a pista de Anca, e se van volver a colocar as canastas na pista da festa de San Isidro despois de amañar os aros que romperan. Tamen vai colocar a rede de separacion co camiño.
No eido de Trafico, o concelleiro Seijo informa que a vindeira semana colocaran os pivotes no vado do edificio de enfrente de Abanca para tratar de evitar que lles aparquen nel. MOVENEDA recordoulle a Seijo que outros edificios da zona tamen solicitaron pivotes por problemas parecidos.
Informase tamen que vaise a reducir o horario de carga e descarga do Eroski a duas horas pola maña e duas pola tarde. Estan pendentes de falar cos responsables do super para fixar o novo horario.
No tocante a reparacion do tellado do pavillon informa a comision que tras poñerse en contacto co director da obra e este falar coa empresa que realizou a obra, esta ainda non se personou.
Informase tamen do pintado amarelo das esquinas con saidas perigosas: Fixose un recordatorio a Samuel para que o faga en canto poida.
Dende a oposicion preguntouselle o concelleiro polo seguintes temas:
Pola sua parte, MOVENEDA preguntou polos vados da Avenida de Alxeciras: Ademais do edificio de enfrente de Abanca o do lado do Eroski tamen sofre o problema de aparcamento indebido ainda que en menor medida.
Ao respecto do Tellado do pavillon, MOVENEDA esixiu que miren xa e de xeito claro as posibles medidas legais a tomar contra a empresa tal e como dicia a resolucion da fiscalia.
moveneda, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |