O xoves 27 de outubro de 2016, tivo lugar a Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil.
Non houbo quorum ao faltar a reunion os representantes de Partido Popular, PSOE e Grupo Mixto. Estivo presente Rafa de Xemade, a empresa que xestiona as instalacions deportivas.
Ao non haber quorum non se pode aprobar a acta anterior. Ainda asi Juan Carlos Pita (MOVENEDA) fixo un par de observacions sobre a sua intervencion de rogos e preguntas (Sinalizacion fosforita paso peons Av. Alxeciras 100-102 e retirada espello matadoiro antes da sua caida ou demolicion).
Rafa (XEMADE) informa que o Memorial Adolfo Ros vaise celebrar o dia 04/12/2016, con chegada e saida no pavillon. A recollida de dorsais sera ese mesmo dia antes da saida e o dia anterior na tenda de deportes Trinity ubicada en Naron enfrente a Odeon.
O recorrido esta xa practicamente definido e como novidade para completar o recorrido tera un recorrido de ida e volta desde a rotonda de San Xoan ata a rotonda de Ali e volta de novo para a Estrada de Castela. Contarase cos servizos medicos formados por 2 ambulancias. Unha situada en linea de meta para atender o desenvolvemento das categorias inferiores e outra que se desprazara coa carreira. Pideme se podo solicitar a colaboracion para control de cruces e acompañamento da carreira co Clube Ciclista Vara e Pedal.
J.C pita comprometeuse a falar coa directiva e darlle resposta.
No eido de actividades deportivas, XEMADE comunica que estan en funcionamento todas excepto multideporte que de momento non ten un minimo de solicitudes. Estan a valorar o desdoblamento do grupo de Zumba xa que esta formado por 30 persoas e o espacio quedase un pouco xusto.
Falouse tamen das actividades extraescolares fora dos colexios: O colexio de Maciñeira aprobou en claustro a asistencia a piscina de batallons, falta agora que se aprobe en consello escolar. En S. Isidro de momento non se pronunciaron.
O concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comision de varias materias:
O concelleiro de MOVENEDA Juan Carlos Pita fixo varias preguntas e requerimentos o concelleiro Seijo.
Remata a reunion as 12:45 h.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |