Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

2016-10-27 Informe da Comision de area de Medioambente, industria, comercio e xuventude

Visitas: 143

O pasado xoves 27 de outubro de 2016 as 12:45, tivo lugar a Comision de area de Medioambente, Industria, Comercio e Xuventude. O Partido Popular non enviou representantes a Comision, mentres que Begoña Balsa estivo polo PSOE e Antonio Seijo polo Grupo Mixto. Por MOVENEDA asistiu o concelleiro Juan Carlos Pita sustituindo a Carlos Caaveiro que non puido asistir por problemas familiares. Fixo de secretario da comision Eulogio.

A concelleira Begoña Balsa referiu varios informes:

  • Limpeza rios:A vindeira semana Augas de Galicia empezara a limpeza do Basteiro, metendo unha pala no cauce e limpando o mesmo. Desde o Concello se pedira tamen a limpeza do Belelle e o Castro, pero so van limpar o Basteiro. Desde a Concelleria van poñerse en contacto telefonico cos responsables de Augas de Galicia, para a amosar o desacordo co metodo de limpeza do rio.
  • Dique madeira paseo maritimo. Informouse que Costas esta procedendo o amaño da escollera de madeira do paseo na zona da ribeira do Coto , onde as piscinas de mareas. Solicitouse que limparan tamen de plumachos e toxos esa mesma zona.
  • Sustentabilidade ambiental. Informase que foi concedida o concello unha subvencion para sustentabilidade ambiental. Na Web do Concello hai un enlace para a realizacion de suxerencias para a realizacion do mesmo.
  • Papeleras e contenedores. O Concello recibiu unha remesa de papeleras novas. Procederase a sua colocacion cando o persoal contratado teña dispoñibilidade.
  • Contenedores: a espera da aprobacion da subvencion para mercar unha remesa e sustituir aqueles que se atopan en mal estado e repoñer alguns que faltan.
  • Feira de Outono. (12/11/2016) A data de hoxe hai 14 solicitudes de participacion. Habera un stand da Xunta dentro da campaña de reciclaxe “Separemos ben, reciclemos millor”. A prevision e realizar a feira na parte de estrada que vai cara a estrada do Roxal e na parte baixa do antigo recinto feiral, en vez do lugar onde se celebrou o ano pasado, para tratar de darlle millor acceso e conseguir o achegamento de mais persoas.
  • Campaña Xunta reciclaxe de aparellos electricos e electronicos. En Neda desenvolverase os dias 30/12/16 e 2-3/01/2017
  • Campaña separacion selectiva en orixe. Nos meses de novembro e decembro vanse facer nas asociacions charlas co obxectivo de millorar a separacion de residuos en orixe, para favorecer a reciclaxe posterior.

Rogos e preguntas.

MOVENEDA

  • Ao respecto desta campaña de separacion selectiva en orixe, propuñemos que fagan tamen un estudio da acollida que teria un plan de compostaxe de residuos organicos nos domicilios na zona  rural, co fin de reducir o numero de toneladas  de residuos para a recollida e ter un aforro no que hai que pagar a SOGAMA.
    Resposta: De acordo coa proposta.
  • Basteiro: Ante a informacion recibida e dado que o Concello non se amosa de acordo co metodo de limpeza do mesmo, solicitamos se faga por escrito unha queixa formal. Con respecto ao Basteiro, inisistimos na necesidade de medidas preventivas sobre inundacions, asi como a realizacion dun estudio sobre o impacto ambiental dun cambio de uso do mesmo a canle de desaugue do Belelle, xa que na actualidade non ten uso como canle de muiños, e houbera unha proposta por parte da empresa que vai facer o proxecto da sustentabilidade ambiental, para a instalacion dunha comporta de regulacion de caudal do mesmo.
  • Insistimo na necesidade de abordar unha limpeza en serio do Belelle o que redundaria en eliminar parte do problema do Basteiro.
  • Repoboacion Ancos. Estamos na epoca do ano para levar a cabo os traballos de preparacion do terreo para a repoboacion na primavera. Prevision de traballos e de especies a replantar e o seu posterior mantemento? Prevision de recuperar o ECOTIPO propio do monte de Ancos.
    Resposta: Non se presupostou para este ano. Con respecto o ECOTIPO, a asociacion Neboa da que formo parte leva a xestion doutras fincas de Ancos e das probas de repoboacion que fixeron destacan que as especies que millor progresan son os bidueiros, seguido de carballos.
  • Velutina: Pregunto se ten constancia da tardanza en eliminar os niños de velutina, xa que hai tempo do aviso dun na zona do Puntal (preto da nave da SEAT) cando antes en canto se avisaba se eliminaban enseguida.
    Resposta: Ante a tardanza de resposta do 112, estan a falar directamente co GES de Mugardos cando teñen aviso dalgun.
  • Contenedores: Pregunto se teñen contenedores de plastico dispoñibles para a sustitucion dalgun que foi queimado.
    Resposta: Neste momento non.
  • Campaña informativa realizada mediante pegatinas nos contenedores: hai moitos que non teñen a pegatina, e en outros que si a teñen estan xa bastante deterioradas e descoloridas.

Temas xuventude e Industria e comercio.

Algo en prevision?

  • Resposta: De momento non.

Ordenanza residuos.

Ademais da inclusion de parte das propostas que MOVENEDA fixo na mocion da modificacion da Ordenanza 33, preguntamos pola nosa inclusion do resto das nosas propostas e pedimos se incluan, ademias solicitamos explicacions acerca de dubidas que aparecen o repasar o texto da ordenanza tales como a delimitacion da zona a que afectaria a regulacion das queimas incluso propoñendo se extenda a toda a superficie do Concello, se a regulacion establecida sobre publicidade e propaganda vai a derogar o establecido na ordenanza 33 con respecto a este tema, asi como algun tema mais.

Ante a resposta de que non estaban mirados estes temas, decidese pospoñer o debate e tratar de incluilo como punto para o pleno de xaneiro de 2017, xa que para este de novembro non parece que vaia dar tempo.

Por parte do Grupo Mixto non se fixo ningunha proposta, observacion nin pregunta.

Remata a Comision as 13:45 h.


Etiquetas:

goberno de Neda

2016-10-27 Informe da Comision de area de Medioambente, industria, comercio e xuventude

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.