No dia de hoxe recibimos convocatorias para a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e tamén para a Comisión Informativa de Cultura e Turismo, presidida pola concelleira María Ángeles Bello Salazar
As reunións terán lugar no salón de sesións da Casa do Concello, ás o vindeiro lun día 23/03/2026.
A reunión de Cultura e Turismo terá no salón de sesións da Casa do Concello, ás 10:00 horas do vindeiro lun día 23/03/2026.
Nesta comisión MOVENEDA vai volver consultarlle á concelleira Bello Salazar asuntos e datos que quedaron pendentes da anterior comisión así como cuestión de interese referidos á súa área e desempeño.
Se algun veciño ten algun tema relativo a esta comisión de área e que desexe seña trasladado á concelleira Mª Ángeles Bello, pode facerllo chegar a directamente a concelleira Neiva Tristão facendo click eiquí ou polas canles de MOVENEDA en redes sociais ou nesta mes páxina web
A Comisión de Asuntos do Pleno é un órgano colexiado de carácter consultivo coa función principal de preparar e filtrar os asuntos que van ser debatidos e votados no Pleno Municipal antes de que cheguen á sesión plenaria.
En concreto:

A comisión, a celebrar ás 11:30, ten unha orde de dia prevista bastante densa:
Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 19/01/2026.
Modificación do proxecto de “Instalación de contadores sectoriais na rede de abastecemento de auga de Neda”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.
Modificación do proxecto de “Rehabilitación e posta en servizo de depósito de auga -Os Pazos II”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha Administración Dixital.
Normativa de participación nas redes sociais oficiais do Concello de Neda.
Moción do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.
Moción do BNG para reclamar que se garanta un financiamento xusto e un modelo público do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Moción do BNG de condena da agresión militar contra o Irán e en defensa da paz e do dereito internacional.
Moción do BNG sobre o alumeado público do Concello de Neda.
Rogos e preguntas.
cultura, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |