Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cómo hai que facer para aparecer 65 veces en Television Ferrol?

Visitas: 557

O de Neda é o alcalde da comarca que foi entrevistado máís veces nese medio, a moi longa distancia dos alcaldes de Ferrol ou Narón

POR QUÉ ACONTECE ISTO?

Porque se paga. E cos cartos de todos os veciños. Este o é "truco" que emprega goberno de Neda para ser entrevistado 65 veces en TelevisionFerrol

O goberno de Neda abona 726€ ó mes á empresa "Agencia Audiovisual Gallega de Comunicacion SL". Tras ese nome se agocha Televisión Ferrol. O gasto impútase co concepto de "Emision Spot Campaña Empadronamento Censate en Neda TV FERROL", cando é evidente para calquera que isto é un pago por esas entrevistas, é propaganda. Dende MOVENEDA consideramos que o Concello de Neda destina cartos públicos a unha evidente finalidade propagandistica, partidista e personalista.

 

O MESMO ACONTECE CON RADIO VOZ: CARTOS PÚBLICOS PARA PROPAGANDA

O Concello de Neda ten outras "permanentes campañas de publicidade" no suplemento El Comarcal que publica La Voz de Galicia, onde se fai propaganda sesgada e triunfalista e onde nunca se lle deu voz á oposición. O Concello de Neda pagou á Voz de Galicia as seguintes cantidades:

  • 2019: 7.712€
  • 2020: 6.120€
  • 2021: 4.537€
  • 2022 (incompleto): 2.668

Radio Voz é outro "medio de comunicación" onde o alcalde acude regularmente a recibir "entrevistas amables". Dase tamén a circunstancia de que Radio Voz, o espazo de Isidoro Valerio, nunca convidou a participar a ningún grupo da oposición de Neda: nin PP, nin Moveneda nin BNG. A cambio destes fieis servizos, Radio Voz recibiu entre 2019 e 2023 un total de 3.596€. Isto fai un total de 24.623€ en propaganda só na Voz de Galicia entre 2019 e 2023.

MOVENEDA OPINA QUE OS CARTOS PUBLICOS DEBEN INVESTIRSE NA VECIÑANZA

Dende MOVENEDA pensamos que estes gastos son excesivos e inxistificables. E non somos os únicos que así opinamos. No pleno deste pasado lunes 26 debateuse sobre os informes de reparos que elabora a Interventora do Concello. Neste informe se sinala a non conformidade de moitos dos pagos que o goberno de Alvariño fai a diversas empresas e por determinados "servicios".

Por poñer en contraste, o goberno de Neda só invertiu 13.000 euros en axudas a autónomos e empresas de Neda afectadas polo COVID ou que só adica as AMPAS e ós comedores escolares uns 15.000 euros.

Os veciños de Neda non merecemos que os nosos cartos se derrochen en propaganda partidista e electoralista. Dende MOVENEDA propoñemos eliminar o gasto en propaganda e adicar os cartos, por exemplo, a incrementar as bonificacions á Asistencia no Fogarincrementar ás partidas destinadas ós comedores escolares, as axudas en material escolar ou os bonos ó transporte para estudantes.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.