A Cofradía de Pescadores de Barallobre ven de anunciar no día de hoxe que estuda emprender accións legais contra o Concello de Neda polos danos e prexuízos que ocasionados ao sector marisqueiro as continuas verteduras á ría dende o concello.
As avaliacións que se fan periodicamente nas augas da Ría detectan unhas taxas de contaminación que empeoran a situación xa crítica nos bancos de As Pías dende o Montón, Astano ata Megasa. Debido a elo, pasan a clasificarse como Zona C, non autorizadas para a súa explotación. Esta nova situación afecta a bancos de ameixa e navalla nas praias de marisqueo a pé, como O Puntal e San Valentín, así como outras xa prexudicadas con anterioridade en Neda.
O pasado 1 de outubro, celebrouse nunha xuntanza entre as confradías da ría, representantes da Consellería do Mar, Augas de Galicia, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), así como o alcalde de Neda e concelleiros de Narón e Ferrol. No encontro trasladáronse os últimos resultados dos controis microbiolóxicos, que confirman a presenza de altos niveis de bacteria E. coli, sinalando como orixe principal verteduras procedentes do Concello de Neda.
A cofradía denuncia que xa foran advertidas ao Concello de Neda previamente estas verteduras sen que se adoptasen medidas correctoras e que, polo tanto, levarán o caso aos tribunais.
ferrolterra, ALTRI, xunta de galicia, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |