Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta detecta catro novos focos de gripe aviaria en aves silvestres

Visitas: 144

Os concellos afectados son: Sanxenxo, Cee, A Pobra do Caramiñal e Ortigueira

  • O foco de Sanxenxo corresponde a un exemplar de gaivota sombría, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade

  • Os tres focos da provincia da Coruña corresponden a cinco exemplares: tres gaivotas patiamarelas localizadas en Cee, que constitúen un único foco; outra gaivota na Pobra do Caramiñal; e un exemplar de mascato en Ortigueira; todos eles trasladados ao Centro de Recuperación de Oleiros

  • En Galicia non hai ningún caso en aves de curral e seguen en vigor, ao igual que en toda España, as medidas preventivas adoptadas polo Ministerio de Agricultura

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de seis exemplares de aves silvestres afectados por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), e que constitúen catro focos diferenciados, localizados respectivamente en Sanxenxo (Pontevedra) e Cee, A Pobra do Caramiñal e Ortigueira (A Coruña).

Así, trátase dunha gaivota sombría (Larus fuscus) atopada no municipio de Sanxenxo e que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade; de tres gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) atopadas en Cee e que constitúen un único foco,  outra na Pobra do Caramiñal e dun mascato (Morus bassanus) recollido no municipio de Ortigueira. Estas aves foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros.

Todas elas foron mostrexadas para proceder á análise laboratorial, resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), eliminándose os cadáveres conforme á normativa en vigor. Con estes novos focos, son 14 os notificados en aves silvestres confirmados na nosa comunidade no ano 2025, pero cómpre lembrar que, polo de agora, non se rexistrou ningún caso en aves de curral en Galicia.

Con respecto á situación en España, no actual período de vixilancia anual (desde o primeiro de xullo de cada ano), o número de focos en aves silvestres notificados por España ascende a 108 (110 se consideramos o período desde o 1 de xaneiro), un número inusualmente elevado comparado cos datos de anos anteriores. A situación en Europa tamén reflicte un incremento considerable no número de focos nas últimas semanas.  

Medidas preventivas en toda España

Esta situación epidemiolóxica é a principal razón, xunto coa migración estacional das aves silvestres e o descenso das temperaturas nesta época do ano, que motivou a adopción das medidas preventivas por parte do Ministerio aplicables en todo o territorio español desde o pasado 13 de novembro, tendentes a evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas aves silvestres de calquera especie.

Dada a relevancia do sector avícola en Galicia, e tendo en conta as actuais circunstancias, desde a Consellería do Medio Rural vólvese insistir na necesidade de estremar as medidas de bioseguridade das explotacións, tanto das industriais como das familiares, especialmente as destinadas a evitar o contacto con aves silvestres, así como intensificar a vixilancia das aves domésticas e silvestres, comunicando de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais calquera sospeita da enfermidade. No caso das aves silvestres esta comunicación pódese levar a cabo a través do teléfono de atención á cidadanía 012.

Cómpre lembrar que o serotipo vírico detectado (H5N1) ten demostrado un escaso carácter zoonótico (contaxio a humanos), aínda que por un principio básico de bioseguridade, recoméndase non manipular aves atopadas enfermas ou mortas e comunicar o feito aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural ou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.