MOVENEDA denunciou ante a Xunta Electoral de Zona as publicacions do goberno municipal de Concello de Neda porque considerabamos que tiñan intencion electoralista e confunden o ambito institucional e o partidista.
A XEZ nos da a razon emitindo unha resolucion que obriga o cese e retirada inmediata de ditas noticias dos medios de comunicacion do Concello en tanto non remate o periodo electoral. A XEZ considera que vulneran a instruccion da Xunta Electoral Central que prohibe que institucions e cargo publicos emitan mensaxes electoralistas.
Ademais require o alcalde Angel Alvariño para que dea inmediato cumprimento a este acordo baixo apecibimento de incurrir en delito de desobediencia.
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |