A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén denunciar que os recursos que a Xunta de Galicia propón achegar ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) resultan claramente insuficientes.
A Xunta oferta aumentar dos 12 €/hora actuais ós 14 €/hora en 2026. Propón tamén un incremento gradual, ano a ano, con 15 €/hora en 2027 e 16 €/hora en 2028.
A realidade é que o custo real actual por hora do servizo SAF ronda os 22-24 €/hora.
Este custe reflexa ademáis unha realidade oculta: estas non son as cifras que reciben os que traballan no servizo, é o cobran as empresas privadas que se fan con este contratos municipais. As empresas de Asistencia no Fogar explotan ás súas plantillas con salarios de miseria, todo con tal de rañar a meirande cantidade de lucro privado.
Os concellos da FEGAMP rexeitan a proposta da Xunta e reclaman que a subida sexa a 17 €/hora desde xaneiro de 2025 e que se alcance o financiamento completo (100%) do custo do servizo.
Ademais, acusan a Conselleira de "Política Social", Fabiola García, de descarregar responsabilidades sobre as administracións locais, que asumen esta tarefa de modo impropio e están infra-dotadas de persoal e financiamento para facer fronte ao SAF. Desta maneira, municipios galegos deben facerse cargo dunha parte salientable do servizo que, segundo a normativa estatal e autonómica, debería asumir en maior medida a Xunta e o Estado.
Dende MOVENEDA denunciamos que o Partido Popular (PP) aposta por un modelo de xestión privado, tal e como xa sucede coa sanidade, abrindo o camiño para que “os seus amiguetes” fagan negocio coa saúde e o benestar da poboación
moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |