Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Prensa | A Xunta responsabiliza a Neda dos vertidos á ría e dos problemas da rede de saneamento

Visitas: 227

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade responsabiliza ao Concello de Neda dos vertidos á ría e dos problemas de saneamento, «que teñen a súa orixe na rede municipal, unha situación que debe decidir como solucionar o propio Concello». Segundo o diagnóstico de Augas de Galicia, «non é un problema de depuración, senón da rede de colectores e de vertidos que, en moitos casos, non son recollidos e levados ata un punto para seren tratados, senón que se están a verter augas residuais directamente ao mar, sen tratar».

O departamento de Ethel Vázquez explica que, no seu momento, se ofreceu a Neda entrar no sistema de depuración de Ferrol, «pero o Concello non considerou esa opción, xa que prefería optar por conectar os vertidos á súa propia depuradora». Incide en que hoxe, «a pesar de coñecer a problemática da súa rede de saneamento, o Concello continúa sen buscarlle solución». A Xunta reitera que é a Administración local a que ten que formular solucións, algo no que, afirma, lle insistiu Augas de Galicia na última reunión.

A saída a este problema pasa «pola conexión dos vertidos á rede, a posible regulación das augas residuais en tempos de chuvia e a decisión do punto de tratamento deses vertidos, ou ben a depuradora actual, ou a conexión ao sistema de Ferrol», segundo Infraestruturas, que di que xa lle ofreceu esta última opción.

«O problema é que a nós, nas entrevistas cos directores de Augas, prometéronnos que as baixas de 2018 das obras da Malata, ao seren fondos europeos destinados á ría de Ferrol, se ían dedicar a Neda. Na última reunión dixéronnos que mandaran un requirimento que non se contestara, pero no Concello non apareceu ningún requirimento», sinala o rexedor, o socialista Ángel Alvariño.

Desde a Consellería indican que o Concello «aínda non comunicou a Augas por que solución vai optar». E inciden en que, «independentemente de que envíe os vertidos á súa depuradora ou á de cabo Prioriño, o Concello ten que recoller as súas augas residuais e levalas a unha estación para o seu correcto tratamento antes de verter ao mar».

Unha depuradora con 30 anos de antigüidade

O mandatario local non ve viable usar a súa depuradora, con trinta anos de antigüidade e un funcionamento deficiente: «No seu día fíxose en zona de dominio público marítimo-terrestre e debaixo da liña de alta tensión. Unha nova custaría tres millóns de euros, inasumible, e non temos terreos para iso, e en dez anos, a actual non funcionará».

Alvariño, que goberna desde 2017, aposta pola conexión coa estación de Prioriño, que custa 1,8 millóns, como «única solución» viable. E lembra que a Xunta licitou, en 2014, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os traballos de mellora do sistema de saneamento e depuración de Neda, «para solucionar os problemas de funcionamento da estación e da rede de colectores», como recolle o anuncio do Diario Oficial de Galicia do 9 de decembro dese ano.

O investimento previsto por Augas era de 540.000 euros. «A delegada da Xunta dixo daquela que todo estaba perfecto e eu créinmo», apunta o actual rexedor. Pero, engade, a obra contratouse ao ano seguinte por 360.000 euros, «unha baixa excesiva, e a empresa quebrou e non chegou a executala, aínda está alí o material». Recoñece que hai «canalizacións sen facer [en Xuvia] e algunha que vai polo leito do río Belelle


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, galicia, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.