O sábado 29 de novembro o alcalde anunciou nas súas redes sociais privadas e nas do seu partido político axudas e subvencións da Deputación da Coruña. O grave é que o fixo antes de que esa información estivese dispoñible nos canais oficiais municipais.
Pasaron cinco días ata que o Concello publicou a mesma nova nas redes oficiais. Á data e hora de publicación desta nota (04-12-2025, 9:00horas), dita información tampouco está dispoñible todavía na web oficial do Concello.
Estas actuacións son inadmisibles. Unha administración pública que debe garantir transparencia, neutralidade institucional e igualdade de acceso á información. A difusión prioritaria por canles privadas é un exemplo claro de manipulación, clientelismo e de utilización partidista dos recursos públicos, algo democraticamente inaceptable.
As axudas públicas pertencen á cidadanía, non son propiedade de ningún partido nin representante político. Convertelas nun instrumento de propaganda política é unha falla de respecto ás institucións e ás persoas destinatarias destas medidas.
Este xeito de proceder evidencia unha triste realidade: os autónomos, pequenos empresarios e profesionais de Neda non están no centro das preocupacións do alcalde. Se realmente o estivesen, o primeiro lugar onde se comunicarían estas axudas sería nos espazos oficiais do Concello, garantindo que toda a cidadanía tivese acceso inmediato e en igualdade de condicións á información, con tempo suficiente para presentar documentación. Con este proceder, os que non seguen as redes do PSOE e de Ángel Alvariño xa perderon cinco días de prazo.
Dende MOVENEDA esiximos que o goberno municipal rectifique inmediatamente e abandone estas prácticas clientelistas. Esiximos que respecte a separación entre institución, partido e persoa, e poña por diante os intereses da veciñanza e abandone estas estratexias de autopromoción política con recursos públicos.
![]() |
![]() |
![]() |
|
Sábado 29, 11:30 |
Sábado 29, 11:15 |
Mércores 3, 10:04 |
moveneda, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |