Esta tarde do xoves, pouco despois das 13.00 horas, un vehículo que circulaba pola estrada AC-115 (pk 3) colisionou contra un coche aparcado á altura do supermercado Eroski e as oficinas de Abanca.
Ao parecer, o sinistro debeuse a unha indisposición do condutor.
Desprazáronse ao lugar a Policía Local e unha ambulancia medicalizada do 061, e estábase a tentar a reanimación a persoa implicada.
Reportan que os servizos sanitarios tentaron reanima-la persoa implicada sen éxito, resultando falecida.
Foi un particular quen, dez minutos despois das 13 horas, informou ao 112 Galicia do accidente: un coche colidiu contra outro estacionado cando circulaba polo quilómetro 2 da AC-115, en Neda. Pola natureza do accidente, o propio alertador explicou que podía tratarse dunha indisposición previa do condutor implicado, e que este permanecía inconsciente.
De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico.
Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |