O vindeiro sábado día 13 de novembro de 2021 ás 11:30 h. no Ateneo Ferrolán tera lugar unha homenaxe ó guerrilleiro antifascista Benigno Fraga Pita.
Benigno, máis coñecido como Alejandro, naceu nas Somozas en 1892 e emigrou a Cuba, onde se afiliou o Partido Comunista. Durante a ditadura de Gerardo Machado tivo que fuxir do país e volveu a España, onde traballou como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol. Foi detido tras o golpe de estado contra a Republica e pasou algún tempo no cárcere. Depurado, foi expulsado do seu traballo no Arsenal e traballaou como mosaísta.
En 1946 era membro do Comité provincial coruñés do Partido Comunista de España, foi secretario de Organización en Ferrol, pero veuse forzado a fuxir ao monte ao ser descuberta pola policía a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey.
Ao incorporarse á guerrilla foi enviado a Ourense en agosto de 1946, como delegado do PCE para crear a II Agrupación Guerrilleira de Galicia e reorganizar a loita contra o Réxime franquista, acompañado por Samuel Mayo Méndez (coñecido como Saúl dás Olas) e José María Saavedra Díaz (coñecido por Pepe).
Benigno permaneceu en Ourense desempeñando o cargo de comisario político da II Agrupación.
O 28 de abril de 1949 caeu en combate abatido polas balas da Garda Civil no Candedo (Chandrexa de Queixa). Foi soterrado no cemiterio de Celeiros.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) fara entrega dos restos recuperados do noso camarada nun acto no Ateneo, para logo ser enterrados no cemiterio de Catabois as 13:00h.
#GuerrillaAntifranquista #Maquis #Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galicia #LoitaAntifascista #MemoriaHistórica
memoria histórica, moveneda, ferrolterra
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |