Estes días retirouse a segunda das palmeiras ante a evidencia de correr a mesma sorte que a primeira, víctima do picudo vermello e da desidia por parte do goberno municipal para salvalas.
En xaneiro deste ano 2025, foi necesario cortar a primeira ante o estado da mesma. Con aterioridade a primeira das palmeiras foi tratada, pero tarde e mal: estaba tan avanzado o dano que os mil e pico de euros que costou o tratamento foron inutiles.
O proceso coa segunda foi máis rápido e bastaton seis meses para acabar con ela.
O goberno consólase explicando que parte dos troncos van ser conservados “para converterse en arte”.
O Picudo VermelloO picudo vermello é un insecto que vive a costa das palmeiras, é dicir, aliméntase delas debilitándoas e finalmente matándoas se non se tratan correctamente.
As femias poñen os ovos agochados en feridas non seladas da palmeira ou entre as bases das follas. Dos ovos nacen as larvas, que poden acadar os 5 cm de longo e viven no interior do tronco e nas bases das palmeiras. Estas larvas, cando chegan á súa última fase, elaboran un casulo de cor marrón feito coas fibras da propia palmeira, no interior do cal se transforman en pupas e, posteriormente, en escaravellos adultos.
ecoloxía e medio ambente, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |