Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

ADIF enfróntase ós roubos e actos vandálicos na ponte do tren entre Neda e Narón

Visitas: 183

ADIF ven de denunciar as “vandalizacións sistemáticas” na liña ferroviaria que cruza a ría de Ferrol, especialmente no tramo da ponte que une Neda e Narón. O valado metálico de seguridade que separa a vía da pasarela peonil é roubado con frecuencia, obrigando a reparar e repoñer ata cinco treitos recentemente.

Veciños que usan a pasarela, aberta en 2004, alertan tamén do mal estado dalgúns tramos e da presenza de maleza de ata tres metros arredor da vía. Segundo ADIF, parte deste valado acaba no mercado ilegal da chatarra.

Para frear esta situación, o organismo dependente do Ministerio de Transportes investirá preto dun millón de euros na reposición e reforzo de peches de seguridade ao longo de 41 quilómetros da liña Betanzos-Ferrol, con actuacións en Betanzos, Pontedeume, Cabanas, Fene, Neda, Narón e Ferrol. O obxectivo é mellorar a seguridade cidadá e evitar intrusións ou pasos indebidos nas vías.


Etiquetas:

ferrolterra, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.