Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Alegacións ao proxecto do Parque Eólico Caaveiro

Visitas: 380

Vistas as dúbidas que algúns veciños seguen a ter ao respecto das alegacións ao proxecto do Parque Eólico Caaveiro, incluso despois de acudir ás citas de "asesoramento técnico e legal" prestadas polo Concello, dende Moveneda decidimos facer unha consulta particular nun despacho de avogados de Ferrol para que nos aclarasen ben o xeito de facer ditas alegacións. 

Segundo o avogado que nos atendeu os pasos a seguir son os seguintes:

  1. Se eres persoa directamente afectada, por ter propiedades dentro do radio de ata 500 mts de influencia dun aeroxenerador ou dentro do recinto da poligonal, é MOI #IMPORTANTE e #NECESARIO que presentes unha alegación de xeito individual na que se faga constar a referencia catastral da mesma e as razóns do teu rexeitamento. Isto é para que te notifiquen, como parte interesada, de todas e cada unha das resolucións con respecto ao proxecto. Se non o fas dentro do plazo aberto ata o día 27 de Xullo se poderá facer despois da resolución pero xa será en forma de recurso e conlevará gastos.

  2. Se non eres persoa directamente afectada, incluso se non eres veciño de #Neda, e non estás dacordo coa implantación do Parque Eólico Caaveiro, podes presentar a #AlegaciónXenérica, por solidariedade.

  3. A maiores dos puntos anteriores, todos os veciños de #Neda podemos e deberiamos sumarnos á alegación que, de xeito colectivo, vai presentar o Concello.

Cantas máis alegacións individuais se presenten, máis forza teremos no rexeitamento deste proxecto que nos afecta a #TODOS. Nisto nos insistiu moito o avogado consultado, e coincide plenamente co que se dixo na reunion de Anca do día 11

Vos deixamos enlaces os documentos necesarios: 
- Alegacion Individual (Afectado) https://drive.google.com/.../1QsT4TXOhNIE8.../view...
- Alegacion Xenerica (Asociación " Petón Do Lobo") https://drive.google.com/.../1j6n4GLBFE3U8YuR-I.../view...
- Formulario PR100A (Xunta Acceso Info. Publica) https://drive.google.com/.../1qRZ4ICv7W50ivhuOhxV.../view...


Se tedes calquera dúbida, acodide a vosa AAVV, a Plataforma NEDA DI NON ou a #Moveneda

Isto ainda non acabou. Hai de prazo ate o martes día 27. Queda moito por facer. 
Un veciño, unha alegacion!

#macroeolicosnon
#tsunamidealegacións
#nedadinon
#unveciñounhaalegacion


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.