A Xunta de Galicia ven de activar para a tarde deste mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral noroeste da provincia de A Coruña e toda a costa de Lugo.
Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso con olas de ata sete metros e ventos de forza 8, chegando localmente a forza 9 en alta mar adentro. Todo segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Para garantir a seguridad de persoas e bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, xa ten informado da situación a concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de Protección Civil e clubes náuticos
Pola sú banda, a Secretaría Xeral para o Deporte, anunciou a suspensión das actividades deportivas no mar nos concellos afectados dende hoxe ás 15:00 horas ate as 09:00 do xoves.
A Xunta lembra a importancia de mantenerse alonxados da líña de costa, especialmente de diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén advirte de extremar as medidas de seguridade durante calquera actividad marítima, incluíndo revisar cabos e amarres das embarcacións.
Lembramos que o telefono de contacto da Policia Local de Neda e o 981 38 00 39.
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |