O luns pasado rexistramos unha petición ó goberno do alcalde Alvariño. Solicitábamos que o concello se implicase en informar ós veciños sobre o proxeto do Parque Eólico Caaveiro: anuncios na prensa, cuñas na radio e carteis nos paneis do concello. Unha semana despois o goberno do Concello de Neda ainda non fixo nada.
Por iso hoxe sacamos este cartel, para axudar a Plataforma NEDA DI NON a informar os veciños das datas e lugares onde poden ir informarse e cubrir as alegacións contra o parque.
Por favor, espallade e compartide a información. Informade o voso veciño.
Pasade a voz!
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |