Tan só tardamos 10 anos, pero a base de insistir (e tamén tras o susto do corte de auga de agosto) parece que por fin Alvariño se toma en serio a tarefa de manter adecuadamente o Canal da Mariña.
Asi, estes días se acometeron diversas obras de limpeza, descuberto e colocación e reposición das tapas do canal.
Na imaxe podedes ver como moitas tapas colapsaron por vellas.
Isto era unha situación que Moveneda denunciou dúcias de ocasións, tanto en Plenos e Comisións de Obras e Servizos sen que se tomasen medidas axeitadas.
Nesta tres lexislaturas, as neglixentes políticas do goberno de Alvariño deixaban apodrecer os problemas sen atallalos a tempo... ata que estoupaban. Padecemos un goberno que non ten planificación dos mantementos das insfraestructuras e que carece de un plan de futuro para Neda.
Dende Moveneda abogamos por facer un análise técnico das infraestructuras actuais, para coñece-lo seu estado e establecer plans periódicos de revisión, mantemento e mellora.
comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |