Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Artigo de opinión | Reflexions de Andrés Amado Fernandez

Visitas: 193

Publicamos unhas reflexions de Andrés Amado Fernandez‎ nos enviou a #Moveneda. 28 Setembro ás 16:14

A ver, podería enumerar moitas cousas polas que un concello debería ter preparado o seu propio plan de emerxencias.

Como mínimo, un retén en cada parroquia, en coordinación cos resposables na concellería correspondente.
E curioso ver que exista comunicación mediante emisoras nas cuadrillas de caza, e ninguén tivese a idea de crear algo semellante no ambito de protección civil, ou como mínimo ter grupos de Wassap.

Dese xeito, polo menos remataria a deixadez, por non chamarlle marxinación que sen padecer as zonas rurais en comparación cos servizos na urbán.

Igual pensades que son repetitivo e pesado con este tema, pero os antecedentes falan por sí sós. Basta unha pequena desfeita nunha zona rural ou urban, para bloquear ou paralizar o resto dun concello. Non se trata só de avisar e esperar. Hai que previr, do mesmo xeito que cando un se atopa un accidente de tráfico, e procurar que a cousa non vaia a mais.

Cinco ou tres minutos poden parecer pouco tempo, pero nese tempo as cousas poden cambiar moitisimo, para ben, se é que se sabe actuar con xeito. E para mal, si se espera, non se actua, ou non se lle dan as referencias correctas aos servizos de emerxencias mentres se espera a que cheguen, ou sepan chegar mais axiña. Sei que a moitos isto non lles interesa, e outros que si lles interesan e queren encher e ampliar os seu coñecementos, non se lles dan oportunidades para facelo. Os concellos deberían loitar para acadar que eses coñecementos se poidan impartir nos mesmos concellos por parte dos responsables das concellerías, sen ter que ir A Estrada, ao centro do 112 a formarse.Tamén teño que dicir o seguinte, e deixar ben claro isto.

Se unha persoa, desexa inegrarse como voluntario dunha Agrupación de Protección civil, debe recibir ó minimo respeto por parte dos responsables desa Agrupación, e ila chamando para facer servizos e ir acadando coñecementos en vez de quedar esquecido esperando a que o chamen.

Canta mais xente se prepare minimamente, mellor se vai poder solventar certas situacións. Falo daquelas persoas que lles guste isto, que sintan a necesidade e sexan desinteresados no seu tempo, e se cadra nos recursos que poidan ter.
Sei que moi pouca xente se pode permitir poñer o gasoleo do deposito do seu coche. Pero ten que pensdar o seguinte: Calqueira dia lle pode tocar a él ou ela precisar axuda, e quizais con esa axuda, vai poder encher as veces que queira o depósito do coche.

Non se trata de ir chamando porta por porta, nin de convencer aos que sen cobrar non se moven. Falo, simplemente dos que "si queren" e "si poden", dentro das suas capacidades e recursos.

Teño entendido que hai xente nova xa Agrupación de Protección civil en Neda, pero acontece que ao mello esa xente tamén ten traballo, e que sucede entón? pois ou que non poden recibir formación, ou non poder facer servizos, e ao mesmo tempo tamén hai xente na casa a que lles gustaria formar parte deste mundillo, pero nin ten información, nin a onde ten que ir, nin con quen falar. Iso cando non atopan "cos tóxicos de turnon" que lles din " pasa diso" ou "para iso hai que valer" e outro tipo de "infeccións psicolóxicas".

Para rematar, creo que en Neda se deberían xuntar TODOS os partidos politicos, e facer un pleno extraordinario para falar deste tema, e se cadra proxectar un pla propio municipal para evitar que os efectos dos ciclons, borrascas, e outros non multipliquen os seus efectos por non ter nin xente, nin a conseguinte coordinación, quedando zonas no rural, ou quedando case que en cadro os servizos básicos na primeira hora despois de que sucede algo.

Se queredes falamos disto. O vindeiro martes non poido, porque me coincide co curso de carretilla elevadora.


Etiquetas:

moveneda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.