Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Auditando ó concello: As obras do pavillon

Visitas: 362

Como xa deixamos claro no pasado boletin e nas asembleas veciñais que levamos feito durante e despois das eleccions, os integrantes do grupo MOVENEDA, decidimos non entrar a formar parte do goberno actual, composto por PSOE, BNG e CG.

Unha das razons fundamentais foi o rexeitamento destes partidos a facer unha auditoria do estado no que o PP (e anteriormente Terra Galega) deixou ao Concello de Neda, tanto nas contas como na xestion.

Auditoría pola nosa conta

A pesar de non estar no goberno, os nosos dous concelleiros seguen a traballar para conseguir, na medida das posibilidades que permite estar na oposicion, “auditar” o estado do concello e informar disto a toda a veciñanza de Neda. Neste sentido, xa nos atopamos con varias “xoias”, pero neste caso nos gustaria falar dunha delas que deixou “boquabertos” a aqueles que acudiron ao pleno do pasado mes de marzo.

Chapuzada na cuberta do pavillón

Se trata da obra da reparacion da cuberta e do parque do pavillon, que foi adxudicada polo Partido Popular no ano 2013 a empresa VIALON por un importe de mais de 53.000 euros.

A historia comezou cando na Comision Informativa de Deportes do mes de febreiro se nos informa de que "hai goteiras na cuberta do pavillon co risco de que acaben estragando o parque do chan", suceso curioso cando esta cuberta hai menos de 3 anos que se reparou. Este foi o detonante que fixo que indagaramos sobre o problema.

Nesta mesma comision informativa se nos entrega un informe redactado polo arquitecto tecnico municipal, a peticion dos concelleiros do PP que naquel momento xestionaban as areas de deportes e obras, no que informaba negativamente dos traballos que se estaban a desenvolver cualificando os mesmos de INADMISIBLES. Neste informe o arquitecto xa avisaba de:

  • Que se estaban a incumprir as medidas de seguridade no traballo por parte da empresa que estaba a facer as obras.
  • Que non existian documentos, cuxa existencia e obrigatoria en obras de edificacion.
  • Que as caracteristicas tecnicas do traballo desenvolto non se axustaban ao proxecto e aos materiais empregados non eran os adecuados para a reparacion.

Como supoñeran, o coñecemento deste documento levounos a pedir copia de todo o expediente desta obra e as pertinentes aclaracions no pleno do mes de marzo, xa que a vista do informe do arquitecto municipal, parece bastante claro que as goteiras que hai hoxe en dia, serian como consecuencia da mala execucion da reparacion realizada.

O mais grave e que os responsables do concello nese momento, e dicir, o Sr. Cabezon e os seus concelleiros de obras e deportes, tendo coñecemento deste informe contrario, asinaron a recepcion e o pago destas obras. Ante a peticion de aclaracions, o mais sorprendente foi a reaccion desproporcionada do Sr. Cabezon durante o pleno, xa que arremeteu contra o arquitecto municipal facendo ameazas veladas de denuncialo.

Alvariño di descoñecer todo o que pasa

Pero hai mais, xa que ao preguntarlles sobre este tema aos que naquel momento estaban na oposicion e que agora compoñen o goberno, o Sr. Alvariño, actual alcalde, do PSOE, dixo claramente que descoñecia completamente o tema.

Desta situacion extraemos varias conclusions:

  • Que o PP permitiu facer unha obra sen as preceptivas obrigas legais e sen que se cumprisen as medidas de seguridade co conseguinte risco dun posible accidente que, afortunadamente, non ocorreu.

  • Que o PP recibiu a obra, dando o seu visto bo a pesar de contar cun informe negativo dun tecnico municipal, no que se indicaba que esta obra estaba a ser mal executada e como dixemos antes a cualificaba de INADMISIBLE.

  • Que a oposicion, naquela epoca, non sabemos onde se atopaba, xa que unha obra deste calibre, cun informe negativo dun tecnico municipal, non deberia de “escaparse” a ninguen que estivera facendo ben o seu traballo na oposicion.

Chapuzas pagadas cos cartos de todos

Os cartos pagados por esa obra, son de toda a veciñanza de Neda. E os cartos que posiblemente haxa que pagar agora para amañar os danos, tamen son da veciñanza. Ao Sr. Cabezon no lle afecta, xa que nin vivia naquel momento nin agora neste concello, pero todas as consecuencias da sua xestion temola que padecer as e os nedenses.

O PSOE non fixo labor de oposición nin control ao goberno de Cabezón

Pero tamen temos que chamar a atencion sobre a forma de exercer a oposicion daquela epoca, posto que quda evidencia que nin Angel Alvariño nin o PSOE velaron axeitadamente polos intereses da veciñanza, que confiaba nos seus representantes, tanto para facer como para controlar a actividade do Concello.

Mencionar que presentamolo caso na fiscalia e nos din que se pode demandar por incumplimiento de contrato.


Etiquetas:

concello de Neda, servizos municipais, pleno


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.