Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Augas de Galicia recoñece dúas aglomeracións urbanas para Neda a efectos de saneamento

Visitas: 344

Augas de Galicia aprobou este decembro o mapa actualizado de “aglomeracións urbanas” en Galicia para efectos de saneamento e depuración. Ese substitúe ao antigo listado recollido no vello “Plan de saneamento de Galicia 2000-2015”.

As aglomeracións que recolle este documento inclúen vilas, concellos ou agrupacións de pobos, cada unha cun “ente público representativo” que será responsable (ou corresponsable) da xestión das súas augas residuais. 

Para o Concello de Neda se recollen dúas

  • 15.055.02.01.01.0 Neda
  • 15.055.03.77.01.0 Casadelos 

Que importancia ten isto?

Augas de Galicia ten a obriga, tanto por leis nacionais como europeas, de delimitar as aglomeracións urbanas para organizar a xestión dos sistemas de saneamento e depuración. Augas de Galicia é quen debe garantir que as augas residuais urbanas sexan recollidas, conducidas e tratadas adecuadamente antes de vertelas, contribuíndo así á protección ambiental e a saúde pública. 

Que implica na práctica

Os concellos saben a que “aglomeración urbana” pertence o seu territorio para efectos de saneamento e depuración e así facilitar a planificación, investimento e xestión compartida.

Isto serve como base legal e administrativa para construír, mellorar ou financiar redes de alcantarillado, depuradoras, sistemas de recollida e transporte de augas residuais.


Etiquetas:

xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.