Augas de Galicia instalou paneis informativos en áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) en vários concellos de A Coruña

Segundo o organismo autonómico o obxectivo é advertir dos perigos nestas áreas polo potencial de inundación e informar das medidas preventivas e pautas de actuación no caso de desbordamento
Os 16 concellos con áreas con alto risco de inundación son: Gondomar, Bueu, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Carnota, Vimianzo, Zas, Carballo, Arteixo, Sada, Fene, Neda, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos e A Coruña.
Estas accións fanse en cumprimento do PXRI (Plan de Xestión do Risco de Inundación) vixente ata 2027 e que está a ser sometido xa a revisión en aplicación da directiva comunitaria relativa á xestión dos riscos de inundación.
Lamentablemente alguns dos carteis colocados en Neda foron rapidamente vanzalizados e arrincados por algún tipo de mostrenco cobarde.
ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |