Van tres mulleres asasinadas en dous dias. E Galicia volve tinguirse de negro por culpa dun novo asasinato, o dunha muller de 30 anos en Santiago despois de ser agredida no seu portal o pasado venres.
Dende Neda queremos amosar a nosa dor e solidariedade coa familia e as suas amizades.
Dito isto, temos mais do que falar. Hai que berrar alto e claro Basta Xa!. Non serven de nada os laios nunha concentracion ou diante un microfono se despois os que teñen responsabilidades de goberno non fan nada ou, ainda peor, recurtan presupostos destinados a loitar contra desta lacra.
MOVENEDA chama a veciñanza a participar o martes 20 as 20:00 horas nas distintas concentracions convocadas por plataformas feministas, coma a Marcha Mundial das Mulleres, en repulsa polos terribles asasinatos dos ultimos dias.
(Na comarca de Ferrolterra, a concentracion e diante do Concello de Ferrol)
Basta Xa!
Nin Unha Menos!
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |