Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Basteiro e Belelle recuperan o nivel pouco a pouco | ACTUALIZACION 12:00 horas

Visitas: 237

Despois da preocupante situación vivida ontes en Neda coa subida nivel da auga nos ríos Belelle e Basteiro, que chegaron a desbordar na zona das Augas, as imaxes que podemos ver hoxe son moito máis optimistas.

A tregua que estan a dar as choivas permitiron a evacuación da auga deixando esta mañá unha  evidente baixada do nivel, mesmo o retorno os cauces habituais

SITUACION MARTES 17, ÁS 12:00

Pese a todo, se reitera a petición de precaución, emitida ontes polo Concello solicitando extrema-las precaucións, evitar desprazamentos innecesarios e alonxarse das pontes e marxes dos ríos ata que o caudal recupere a normalidade.

OTRAS ZONAS E CONCELLOS VECIÑOS

No día de onte repórtanse outros incidentes en vários ríos doutros concellos da nosa comarca como Fene, Narón, Valdoviño, San Sadurniño e Cedeira. Na meirande parte dos casos, e como acontece enm Neda, se vai recuperando a normalidade pouco a pouco.

Un dos puntos máis afectados foi o río Xubia ao seu paso por San Sadurniño, onde o desbordamento obrigou a cortar o acceso á depuradora municipal entre Cornide e A Portela. Recomendouse circular con precaución nas zonas próximas ao río, especialmente en Ferreira, Lamas e no polígono da Bidueda, onde a auga cubriu tramos da estrada e dunha pista municipal.

A crecida tamén afectou lugares habituais nestas situacións, como o Muíño do Pepe, unha vivenda en Casal, o paseo fluvial, o arboreto e a Fraga Máxica da Cortiña.

O temporal tamén deixou incidencias noutros puntos. O río Castro, en Naraío, desbordouse sen causar problemas graves no tráfico, mentres que un regato en Bardaos cubriu parcialmente a pista entre Sanguiñeira e a igrexa parroquial.

 


Etiquetas:

concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.