Recibimos várias queixas de desperfectos no cableado polas recentes e continuas tormentas. O fortes ventos descolgaron un poste na zona de Pename, e tamén causaron outros desperfectos en Albarón.
Os veciños nos trasladan queixas fa falla de atención no Concello. Despois de chamar "máis de 30 veces avisando" a única resposta que obteñen é un "ya vendrán". E ninguén aparece mentres "o problema segue así dende hai máis dun més".
Lamentablemente xa temos comprobado que non é moi efectivo chamar ó concello, moito menos o Concelleiro de Servizos, Ángel García Cordero, por moito que o alcalde diga que "estan 24/7 de garda".
Dende MOVENEDA pensamos e recomendamos que o millor é meter unha queixa polo Rexistro do Concello e enviarnos copia da comunicación. Deste xeito, podemos facer seguimento e meterlles presión nas Comisións Informativas e no Pleno se vemos que non fan nada.
Na proxima Comision de Área de Servizos imos preguntar por este asunto de maneira específica, a ver con que excusa creativa nos sorprende o Sr. Cordero.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |