O pasado 23 de marzo, na Comisión de Área de Medio Ambiente, MOVENEDA trasladou ó concelleiro Javier Novo unha cuestión importante sobre o Canal da Marina: as obras están feitas, pero ten tarefas pendentes.
Que problema detectamos?A concelleira Neiva Tristão comunicoulle ao concelleiro que a actuación non está completamente rematada xa que se deixaron no lugar abundantes restos de escombros, algo que non debería suceder. Estes residuos afectan á contorna natural, deterioran a imaxe do espazo e poden xerar problemas ambientais a medio prazo.
Desde MOVENEDA puxemos esta situación en coñecemento do Concello de maneira oficial na comisión. Agora o goberno local xa está avisado e agardamos que proceda á retirada dos escombros o antes posible.
Temos claro que non chega con facer obras: Hai que facelas ben, rematalas correctamente e respectando sempre o medio ambiente. Por iso, dende MOVENEDA seguiremos vixiando e comprobando que as actuacións públicas se executan correctamente, non deixan residuos e coidan do noso entorno natural.
Porque un espazo limpo é responsabilidade de todos, tamén das administracións.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |