Os traballadores de LIDL Naron veñen de obter unha grande victoria sobre a empresa. Despois dunha heroica folga de 97 días en 2023, a plantilla vence a unha patronal rastreira que utilizou as máis arteiras manobras para romper a determinación de loita da plantilla.
Hoxe, a prensa recolle que LIDL ven de ser condeada polo xulgado do Social de Ferrol por "esquirolaxe organizativa" durante a folga que en 2023 levaron adiante máis de 150 traballadores no centro de distribución en Narón. A sentenza considera probado que a empresa alterou a súa organización interna ilegalmente para minimizar os efectos da folga e reventar a loita dos obreiros.
LIDL é condenada a indemnizar con 50.000 euros a 76 dos traballadores que secundaron os paros.
Unha folga heroica de 97 díasA folga desencadeouse polo incumprimento reiterado por parte de LIDL do convenio colectivo e desenvolveuse no centro de distribución de Lidl en Narón durante 97 días, entre o 14 de febreiro e o 21 de maio de 2023.
O Xulgado considera probado que, durante os paros, a empresa "desviou a outras plataformas loxísticas da compañía parte da carga de traballo" habitual de Narón. Por esa actuación LIDL xa foi condenada en maio daquel mesmo ano polo mesmo xulgado do Social de Ferrol por vulnerar o dereito fundamental de folga.
Membros do comité de empresa do Centro Loxístico de Lidl en Río do Pozo, reuníronse con representantes dos grupos municipais do Concello de Neda. Naquel momento, o colectivo de traballadoras e traballadores levaba xa máis dun mes en folga indefinida para reclamar o cumprimento do convenio enotaban que non acadaban os apoios necesarios, especialmente nos medios de comunicación.
Moveneda deu un total apoio á loita destes compañeiros e compañeiras, varios deles veciños Neda. Podes consultar as nosas publicacións de apoio facendo click eiquí
Nun dos plenos do concello MOVENEDA propuxo ó resto de grupos acordar e emitir un comunicado de apoio desta Corporación e ás súas lexítimas reivindicacions e que este fose enviado polo Servizo de Comunicacion do concello ós medios. A intención era conseguir a difusión e impacto que merecía a súa loita, xa que unha das queixas que nos trasladaron foi o escaso impacto do seu conflicto nos medios de comunicación.
Recordar tamen, que se axudou a estes compañeiros traballadores na recollida de fondos mediante a venta de bonos para axudarlles como "caixa de resistencia".
loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |