O Concello de Neda segue coa campaña de publicidade electoralista e hoxe publica na La Voz de Galicia. unha páxina completa que ofrece datos de xeito sesgado ou manipulado, como o da Escola Infantil.
Estamos ante unha inadmisible manobra de publicidade partidista e electoralista por parte do PartidoSocialista de Neda
O alcalde #Alvariño deulle a #VozDeGalicia as seguintes cantidades:
Aparte, Radio Voz recibiu nestes catro anos un total de 3.596€ Isto fai un total de 24.623€ so na Voz de Galicia.
Por poñer en contraste, o Concello de #Neda so invertiu 13.000 euros en axudar a autónomos e empresas de Neda afectadas polo #COVID. Os veciños de Neda non merecemos que os nosos cartos se derrochen en propaganda partidista e electoralista.
Moveneda propón eliminar a meirande parte do gasto en propaganda e adicar os cartos, por exemplo, a incrementar as bonificacions á #AsistenciaNoFogar, para que os usuarios paguen menos.
#EnNedaMerecemosMáis
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |