Mentres concellos como Cedeira traballan para ampliar as súas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) e atraer nova veciñanza aos seus cascos históricos, en Neda seguimos prisioneiros dun goberno esgotado, sen proxecto e absolutamente incapaz de impulsar medidas útiles para o futuro do municipio.
O goberno socialista de Cedeira deixa en evidencia a parálise do seu compañeiro de partido, Ángel Alvariño. Alí falan de rehabilitación, de recuperar vivenda, de atraer poboación e de evitar que os centros históricos queden reducidos a uso turístico.
En Neda, en cambio, o único que temos é silencio, abandono e unha vergoñenta e absoluta falla de iniciativa.
Desde hai anos, MOVENEDA defende ampliar as áreas ARI máis alá da actual delimitación da Rúa Real. Fixémolo con propostas públicas, en campaña electoral, nas nosas alegacións e no traballo no concello. Entendemos que a rehabilitación non pode quedar limitada a unha pequena parte do municipio mentres outros barrios tamén precisan apoio, investimento e oportunidades. Barrios enteiros en Neda que poderían beneficiarse destas axudas para rehabilitar vivendas, fixar poboación e mellorar o estado urbano do concello.
Non existe ningún impedimento técnico para facelo. O propio arquitecto municipal confirmou que non hai problemas para ampliar estas áreas.
A resposta parece evidente: no inmobilismo dun goberno municipal que non traballa. Un executivo consumido pola indolencia, sen ideas, sen ambición e con concelleiros que nin sequera cumpren co mínimo esixible das súas responsabilidades públicas.
Mentres outros concellos se moven, buscan recursos e planifican o futuro, en Neda seguimos perdendo oportunidades por culpa dun goberno incapaz de liderar nada.
MOVENEDA seguirá a insistir. Porque fronte á derrota do goberno de Alvariño, hai outra forma de facer política: ter proxecto, presentar propostas e traballar pensando no futuro de Neda.
moveneda, vivenda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |