Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Nova cita coa Memoria Histórica na AV Ancos e o seu ciclo Martes da Memoria

Visitas: 150

Na AV Ancos continúan co seu ciclo Os Martes da Memoria. Nesta ocasión nos propoñen unha charla a cargo do historiador ferrolán Bernardo Máiz sobre a Guerrilla

Será no local da asociación, a partires das 19:30 o Martes 24 de Febreiro. Entrada libre.

BERNARDO MÁIZ

Bernardo Máiz é un historiador pioneiro no estudo da represión franquista e da guerrilla antifranquista en Galicia. Desde comezos dos anos 80 publicou numerosos traballos que o convirten nunha referencia fundamental na investigación deste fenómeno histórico.

Nos seus estudos, Máiz destaca que a guerrilla foi a primeira e durante anos a única oposición real ao franquismo en Galicia, especialmente nos anos 40. Analiza o papel central do Partido Comunista de España na organización e dirección da resistencia armada, así como a súa estrutura, propaganda e evolución cara a un auténtico exército guerrilleiro.

Tamén explica as causas do declive da guerrilla, como a forte represión policial do réxime franquista, o contexto internacional da Guerra Fría e o cambio de estratexia do movemento comunista, que levou ao abandono progresivo da loita armada entre 1949 e 1950.

En conxunto, os estudos de Bernardo Máiz contribuen decisivamente a recuperar a memoria histórica da guerrilla galega e a comprender o seu papel como principal forma de resistencia ao franquismo na posguerra.


Etiquetas:

memoria histórica, loita obreita, cultura, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.