Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Comision de Area de Deportes, Trafico, Seguridade Cidadá e Proteccion Civil celebrada o pasado venres 2017-09-29.
Written by MoveNeda on .
Visitas: 240
Publicamos información recibida na Comision de Area de Deportes, Trafico, Seguridade Cidadá e Proteccion Civil celebrada o pasado venres 2017-09-29.
Asistiron a Comisión Antonio Seijo que fixo a laboura de Presidencia, Roberto Rey polos Populares de Neda, Gonzalo Ferreiro polo PSOE e Juan Carlos Pita por Moveneda. A reunión deu comezo ás 12:00 horas e fixo de Secretario Eulogio. Asistiu tamén: Rafa (Responsable Escolas Deportivas) de Xemade.
Acta da reunion anterior. (Decembro de 2016) Aprobada por unanimidade.
Informes.
EscolasDeportivas. Informa Rafa por Xemade:
Este curso producíuse un aumento de matrículas, estando sobre 205 matriculados. Nas escolas de memoria da Casa Da Cultura e na Casilla do Puntal hai 27 persoas inscritas.
O inicio de actividades foi o 11 de setembro. Iniciaron todas, excepto Ximnasia de Mantemento que empezou o 18/09.
Baile Moderno empezará en outubro.
A actividade de #Multideporte non ten o número mínimo para empezar.
En todas as actividades teñen a posibilidade de poder asistir a un par de sesións de modo gratuíto para probar.
O Ximnasio Municipal está ultimando a súa apertura para dentro dun mes aproximadamente cun horario de 2 días pola mañá, e 2 horas de apertura todas as tardes coa asistencia dun monitor e prevén que poida haber uns 40 interesados/as.
Pavillón Municipal. Funcionando como o ano pasado. Hai varias horas libres entre 17-19 h e tamén entre as 19-23 h.
Durante o mes de novembro vanse facer #TalleresDeNutrición.
Memorial Adolfo Ros. Este ano organiza o Concello de Fene . Tratarán de establecer un circuito fixo e a continuación se solicitará a homologación.
Bádminton: No pavillón do Roxal, onde se pintaron as pistas novamente xa que non se vían moito.
Marcha Ciclista “Coñecendo Neda en bicicleta”. Falara JuanCarlosPita con Rafa (Tecnico de Xemade) de poder realizala de novo este ano, despois de recuperala o ano pasado. Como non houbo ningunha comisión e debido ás datas do ano na que nos atopamos vai ser complicado organizalo, xa que é probable que haxa un día con mal tempo, polo que acordamos deixalo para a primavera de 2018 e volver a falar coas asociacións que estaban a colaborar na organización.
Informes do Concelleiro Antonio Seijo.
Transporte Metropolitano. Aprobaron o novo plan da Xunta , pero ao Concello non se lle comunicou nada. Desde o Concello solicitaran que a frecuencia dos buses que van ata o Puntal sexa a mesma que os que chegan a Neda.
Están estudando a posibilidade de establecer un minibús que recolla as parroquias do concello e publicitar nas asociacións a posibilidade do uso do transporte escolar polo resto da veciñanza.
Na sinalización do paso de peóns do Día van a instalar un semáforo de pulsar. No da Av. Alxeciras, chegando ó Regueiro, van a colocar paneis luminosos e sinalización luminosa no chan.
Rogos e preguntas.
Partido Popular:
Na zona de Os Cobos e onde a Granxa Arjeriz o arcén e moi estreito e os peóns teñen que circular pola calzada e por outros temas de obras, porque non se convoca a comisión pertinente.
Pola súa banda MOVENEDA pregunta por temas pendentes xa tratados ou preguntados en comisións anteriores.
DEPORTES
Mantemento do caucho do Campo de Fútbol. Previsión de realización?? Resposta: Non
Reparación e colocación das canastas, porterías e reixa do campo da festa de #SanIsidro? Esta pendente desde abril/maio antes das festas de S. Isidro de 2016. Resposta: Nada
Reparación do taboleiro da canasta do parque da rúa Piñeiros? Resposta: Nada
TRÁFICO: Temas pendentes xa tratados:
Reposición dos pivotes do garaxe de enfronte a Abanca e ao lado do Eroski Resposta: Se colocarán
Segue a haber problemas coa carga e descarga do Eroski. Medidas? Resposta: Nada
Non se modificou o sinal de dirección prohibida cara á Piscina, para permitir o paso de bicicletas. Resposta: Nada
Obra muro contención estrada Roxal/Ortigueira?? Resposta: Aínda nada
Instalación do espello no cruce entre Camiño de Murallón e camiño da Silva. Resposta: Nada
TRANSPORTES e PROTECCION CIVIL:
O informe de Viaqua das tomas de auga onde coller auga os bombeiros en caso de incendio, para cando? (Xa tratado na comisión de febreiro de 2016) Resposta: Está solicitado, pero polo momento nada.
Convenio coa grúa para a retirada de vehículos de vaos de garaxes e accesos a vivendas e negocios a requerimento da Policia Local e G. Civil? Tratouse algo? Resposta: Non
Propoñemos tamén q se instale outro desfibrilador na Casa da Cultura.
POLICIA LOCAL:
Habendo posibilidades de que en breve se xubilen 2 membros da Policía Local, MOVENEDA pregunta que vai pasar con esas prazas. Resposta: Non sabe se se poderán cubrir.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.