Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O goberno de Alvariño tamén engana ós veciños coa reciclaxe

Visitas: 348

Hoxe destapamos unha mostra máis da propaganda engañosa do goberno de Ángel Alvariño na que leva baseando a súa comunicación nos 9 anos de mandato en Neda é a recente publicación do aumento no ano 2023 dun  7% (uns 5.500 kg) na reciclaxe de envases e plásticos.

Este dato así en solitario parece un dato positivo, pero a realidade esconde outra vez a ineficacia e ineficiencia deste goberno.

Explicado en conxunto o tema vemos que desde 2019 case se duplicou o número de contenedores amarelos (pasamos de 95 a 180, é dicir mais do 90% de aumento),  co aumento de coste tanto para  a súa recollida, como para a súa limpeza e mantemento.

Sen embargo o incremento total da reciclaxe de envases e plásticos desde 2019 só aumentou uns 15.000 kg o que corresponde ao 23% aproximadamente.

É dicir: un aumento de case o 100% dos contenedores so consegiu un 23% de mellora da reciclase.

Dende MOVENEDA esiximos ao Sr. Alvariño que abandone xa a súa política comunicativa de medias verdades e impliquese  realmente en resolver os problemas do Concello, como por exemplo a licitación do contrato de recollida de lixo que leva máis de 15 anos vencido.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, concello de Neda, goberno de Neda, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.