Hoxe, dia 3 de decembro, e o Dia Internacional das Persoas con Discapacidade e uns dos grandes atrancos cos que se atopan estas persoas con limitacions de movilidade son as barreiras arquitectonicas
Dende MOVENEDA asumimos un compromiso coas persoas discapacitadas, e por iso presentamos no pleno de xaneiro deste ano 2016 unha Mocion no Concello de Neda, para promover a eliminacion destas barreiras arquitectonicas, que foi aprobada por unanimidade e dotada nos orzamentos de 2016 cun importe de 44.000 €.
Naquel momento felicitamonos por este feito e porque ademais o Concello adheriuse o Plan Meta2017: Ano da Accesibilidade Universal. Lamentablemente despois de once meses apenas se fixeron un par de rebaixes en beirarruas. Por riba diso, enteramonos de que o goberno municipal vai traspasar 40.000€ desa partida para a pavimentacion de camiños. A explicacion dada foi que non ia dar tempo a gastar eses 40.000 € antes de fin do ano e que terian que ir destinados a amortizar debeda dun credito formalizado na epoca de goberno de Ignacio Cabezon e que ten unha abusiva comision por amortizacion anticipada dun 25%.
Evidentemente, estamos dacordo en que antes de regalarlles mais cartos os bancos, e mellor facer estas obras de pavimentacion de camiños, moitos deles en condicions lamentables tras anos sen mantemento. Co que non estamos dacordo e coa escasa implicacion real e coa falta de traballo efectivo do goberno tripartito con algunhas mocions que apoian en Pleno. Semella que queren quedar ben e amosar unha cara amable coa veciñanza, para despois esperar a que caian no olvido.
Dende MOVENEDA pensamos que unha decision politica coma apoiar unha mocion implica tamen a decision para aplicala. Implica seriedade e compromiso real cos problemas da veciñanza. Un compromiso real que vai mais ala de colgar no balcon do concello carteis reivindicando esta data e esquecer o problema o resto dos 364 dias do ano. Imos seguir traballando para que aqueles proxectos que se aproban se convirtan en realidade e melloren as condicions de vida das persoas con discapacidade para chegar a que poidan vivir en igualdade de condicions e oportunidades.
moveneda, feminismo e igualdade, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |