Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Comunicado OFICIAL de MOVENEDA as acusacións verquidas polo PP de NEDA

Visitas: 471

Leticia Iglesias en nome do grupo municipal Moveneda e en contestacion as acusacions vertidas capciosamente polo grupo do PP de Neda, quere puntualizar as seguintes cuestions:


O Grupo MOVENEDA non esta integrado no goberno municipal composto por PSOE, BNG e CG, que foron os que propuxeron a persoa candidata a Xuiz de Paz.

MOVENEDA deulle publicidade a convocatoria desta praza a traves das redes sociais como ven facendo de xeito habitual.

O posto de Xuiz de Paz e un “traballo para a comunidade que se exerce de xeito voluntario” e que ten como unica compensacion economica a cantidade anual de 2.167 euros.

O nome da persoa proposta  polo grupo de goberno foi comunicado, no transcurso da comision informativa de asuntos do pleno, o pasado 7 de marzo ao resto de grupos municipais, momento no que se trasladou toda a informacion acerca da candidata. Nese intre o PP non presentou ningunha obxeccion.

O voto favorable dado por MOVENEDA no pleno do 14 de marzo non afectou en absoluto a decision da seleccion da Xuiz de Paz pois xa contaba cos 7 votos favorables do grupo de goberno, o que supon a maioria absoluta dos votos.

O PP no pleno recoñeceu publicamente que eles si q tiñan unha candidata a que pensaban apoiar. En palabras textuais do Sr. CabezonAbstencion por la cuestion de que Marilo era nuestra candidata, pero por supuesto no ponemos ninguna objecion a la eleccion”.

En politica, por suposto, se pode discrepar, discutir, opoñerse as decisions, mesmo iradamente.  Iso e propio e normal no xogo democratico. O que non deberia ter cabida e criticar decisions e denunciar feitos sabendo que non hai nada criticable nin motivo razoable para facelo. Esta non e a politica que queremos para o noso concello. Iso so e unha manifestacion de vileza e mezquindade.

Pero os veciños de Neda xa coñecemos como e o PP, xa coñecemos como e o seu grupo municipal, e xa coñecemos como e o seu portavoz o Sr. Cabezon, e cada quen está condenado a comportarse como o que e; e agora xa estamos a ver como estan a comportarse os e as integrantes deste grupo politico.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.