O goberno de Neda tardou case un ano en poñer en marcha o Consello da Memoria Democrática, tras a probación do regulamento que rexerá o organo aló por novembro de 2024.
O executivo de Alvariño da inicio ós trámites para a constitución dun consello que asumirá as funcións de informar, asesorar e facer propostas respecto á Lei de Memoria Democrática.
O proceso contará con historiadores “con recoñecido prestixio no eido da investigación memorialista de Ferrolterra” e entidades “de recoñecido traballo na bisbarra”. O Consello estará presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, e contará como vocais ós representantes dos distintos grupos políticos.
memoria histórica, loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |