Moita xente nos pregunta porqué os enseres do rural botan un mes ou a veces máis tempo na rúa e sen recoller.
Hoxe imos explicar as razóns polas que acontece este curioso fenómeno que, de propina, fai que o concello pague dúas veces polo mesmo servizo.
A concesión da recollida de voluminosos no Concello de Neda está concedido á empresa Transportes Benigno Rodriguez. O traballo consiste en dous recorridos a facer o primeiro e último luns de cada mes.
O primeiro percorrido vai dende Sta. Maria cara a Xubia, Mourela, Escorial, Casadelos, Cruz do Pouso, Trasmonte, Roxal, Anca, Cobeluda...etc. O segundo percorrido vai dende Sta. Maria polo centro, cara o Puntal, Fabrica do Monte, Rabadeña, Gunduriz etc.
Antes, cando había moito volume de enseres e non se daba recollido todo nun día, o concello organizaba recollidas extraordinarias, que lle encargaba a empresa Benigno Rodríguez.
Sen ter nengunha xustificación e de xeito repentino, hai 6 anos o concello contratou a outra empresa sen mediar nengún concurso, é dicir, a dedo (Vázquez Garzón de Miño).
Cando Transportes Benigno Rodriguez fai o servicio de recollida é frecuente que, cando hai moito volume de residuos, non dea tempo a finalizala. Entón o concello lle paga o servizo extraordinario á Vázquez Garzón que, en vez de continuar onde quedou Benigno R. empeza o percorrido dende O Puntal, zona que vai ser recollida o seguinte luns por Transportes Benigno Rodriguez.
Así, a zona rural que non se acabou segue sen recoller porque a Vázquez Garzón tampouco lle da tempo. Sen embargo a zona do Puntal e do centro de Neda é recollida por dúas veces e por dúas empresas....De ahí ven o sobrecoste que estamos pagando a veciñanza porque o concello non é capaz de organizar o servizo.
Os últimos 16 anos houbo nulo interese por licitar un novo contrato de recollida de lixo.
Engadido a iso, se lle foi retirando gran parte da carga de traballo que asumía esta empresa familiar, sumado ao aumento dos recorridos e dos custes de gasoil, todo ello cunha nula actualización, farían pensar a calquera que estamos ante unha clara campaña de acoso a unha empresa de Neda que leva prestando este servizo case 48 anos.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |