Traemos noticias, unha boa e unha mala. A boa é que o Concello rematou as reparacións no Canal da Marina... pero a alegría non é completa.
As obras consistiron na limpeza da contorna e a sustitucion das moitas tapas do canal que levaban anos rotas, partidas, afundidas no propio canal. tamén se puxeron novas as que directamente faltaban.
A noticia mala é que fumos inspeccionar as obras e nos atopamos que ao lado do canal quedaron os escombros data tapas vellas.
Queremos supoñer que o goberno de Neda procedera á súa retirada inmediata.
Como en outros temas, a falla de mantemento do Canal foi denunciado por MOVENEDA en dúcias de ocasións, tanto en Plenos e Comisións de Obras e Servizos, sen que se tomasen medidas axeitadas.
Tan só tardamos 10 anos, pero a base de insistir (e tamén tras o susto do corte de auga de agosto) parece que por fin Alvariño se tomou en serio a tarefa de manter adecuadamente o Canal da Marina, a principal via de abastecemento de auga de Neda.
Nestas tres lexislaturas, as neglixentes políticas dos gobernos de Alvariño deixanron apodrecer os problemas sen atallalos... ata que estoupan (como corte de auga de agosto o as inundacións). Padecemos un goberno que non ten planificación dos mantementos das insfraestructuras e que carece de un plan de futuro para Neda.
Dende MOVENEDA abogamos por facer un análise técnico das infraestructuras actuais, para coñece-lo seu estado e establecer plans periódicos de revisión, mantemento e mellora.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |