Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Control e seguimento ás depuradoras en poboacións de máis de 2.000 habitantes

Visitas: 433

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vai facer control e seguimento das instalacións de depuración de augas residuais urbanas das aglomeracións de máis de 2.000 habitantes equivalentes, como Neda. Isto faise pola obriga da directiva marco da auga que exixe a supervisión das depuradoras deste tipo de núcleos.

O servizo, que foi adxudicado en xaneiro a unha empresa privada, custará 3,4 millóns de euros. A tarefa será supervisar, vixiar e inspeccionaras infraestruturas hidráulicas competencia das entidades locais para así garantir ó servizo á cidadanía. Cun prazo de execución dos traballos de 24 meses, o contrato abrangue as labouras necesarias para asesorar ós concellos na xestión das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) da súa titularidade: un total de 127 no conxunto de Galicia.

A adxudicataria tamén ofrecerá o control necesario para asegurar o cumprimento da normativa vixente en materia de depuración e tratamento de auga coa realización das analíticas necesarias e a elaboración de informes periódicos sobre o seu estado e conservación.

A competencia é da Xunta

Unha vez máis queda evidenciada a competencia directa da Xunta e Augas de Galicia na xestión de depuradoras como a de Neda e das súas  obrigas de prestar apoio técnico e económico para que os gobernos dos concellos poidan exercer as súas competencias en materia de xestión da auga de xeito eficiente cara á veciñanza.

A Xunta ten cartos, canto vai investir en Neda e cando?

Os orzamentos de Augas de Galicia para este ano 2026, suman 151,7 millóns de euros. O 70% deses cartos (108,7 millóns de euros) se destinarán a abastecemento e saneamento e  un 73,6 millóns de euros especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.