A Xunta de Galicia vén de convocar novas axudas para a compra de vivenda, especialmente pensadas para cascos históricos e vivenda protexida. O obxectivo é dobre: facilitar o acceso á vivenda e dar vida aos centros históricos das vilas e cidades galegas.
As axudas poden chegar a:
Ata 10.800 € con carácter xeral
Ata 12.800 € para menores de 36 anos
Ata 15.000 € en zonas declaradas como áreas Rexurbe
No caso de vivenda protexida, as cantidades poden ser aínda maiores dependendo do concello.
Desde o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2026
Ou ata que se esgoten os fondos
As axudas concédense por orde de solicitude, así que convén non agardar demasiado.
Poden solicitar estas axudas as persoas que:
Comprasen unha vivenda entre outubro de 2025 e outubro de 2026
A vaian destinar a residencia habitual
Teñan ingresos que non superen aproximadamente 6,5 veces o IPREM
Vivendas en cascos históricos
Vivenda protexida
En ambos casos, deben ser para vivir nelas de forma habitual.
Lamentablemente esta liña conta somentes cun orzamento de 2 millóns de euros o que vai facer que poucas persoas poidan acceder a elas. A Xunta afirma que busca axudar á veciñanza a acceder a unha vivenda ao tempo que se recuperan zonas con valor histórico.
Se estás pensando en mercar casa, pode ser un bo momento para informarte e aproveitar estas axudas.
O enlace ó DOGA: eiquí
galicia, vivenda, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |