Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Convocatoria de Comisións de Área para a vindeira semana

Visitas: 15

A vosa concelleira Neiva Tristão xa esta a ser convocada a unha nova rolda de Comisións Informativas de Área. 

Polo de agora as que xa está fixadas son:

  • Luns 18, as 10 horas, Comision Informativa de Cultura e Turismo
  • Luns 18, as 11 horas, Comision Informativa de Urbanismo, Medio Ambente e Xuventude
  • Luns 18, as 11:30 horas, Comision Informativa de Asuntos do Pleno
  • Martes 19, 12:00 horas Comision Informativa de Economía e Facenda

A COMISIÓN QUE MAIS AGARDAMOS, NON SE CONVOCA

Lamentablemente, a Comisión Informativa que máis nos interesa e a Servicios, do Concelleiro Ángel Cordero. Agardamos que este mes non se salte as súas obrigas como xa fixo o mes pasado, que non a convocou. Este goberno municipal incumpre os seus propios acordos aprobados en Pleno. É unha vergoña.

QUE É UNHA COMISIÓN INFORMATIVA DE ÁREA E PARA QUE SERVE?

É unha reunión de traballo onde os concelleiros e concelleiras, tanto do goberno como da oposición, se xuntan para estudar e debater os asuntos antes de que cheguen ao Pleno (a votación oficial).

  • Preparar os temas que logo se votarán no Pleno: os asuntos analízanse aquí primeiro, con máis calma e detalle.
  • Informarse e preguntar: os membros da oposición poden pedir explicacións, documentación e facer preguntas sobre cada asunto.
  • Emitir un ditame (unha opinión ou recomendación) sobre cada punto, aínda que a decisión final sempre a toma o Pleno.
  • Garantir a transparencia: obriga ao goberno local a explicar o que pretende facer antes de votalo.
  • Control democrático da acción de goberno: preguntando polo traballo de cada concelleiro e propoñendo accións

ALGO IMPORTANTE PARA OS VECIÑOS

Estas comisións poden ser públicas (pódese asistir como espectador) e son un espazo clave onde a oposición pode fiscalizar e controlar ao goberno municipal. Se o goberno nos as convoca, ou as convoca tarde ou sen información suficiente, está dificultando o control democrático.

QUE A TÚA VOZ SE ESCOITE NO CONCELLO

Dende MOVENEDA queremos que o Concello de Neda sexa de todos e todas, non só de quen goberna.

Por iso che pedimos que nos fagas chegar as túas dúbidas, preguntas, queixas ou suxestións sobre calquera asunto municipal a través de calquera das nosas canlles: email, whatsapp ou o formulario de contacto desta páxina.

Nós encargarémonos de trasladalas aos concelleiros e concelleiras, de que queden rexistradas e de que o goberno local teña que dar resposta.

Porque iso é precisamente o que significa democracia local: que os veciños e veciñas non sexan simples espectadores, senón parte activa do que pasa no seu municipio.

Neda, lamentablemente, carece de Regulamento de Participación Cidadá, o instrumento que debería garantir canles formais e estables para que a veciñanza poida intervir na vida municipal. A súa ausencia non é unha casualidade nin un esquecemento: é unha forma de gobernar. Alvariño goberna de costas e contra á xente. Mentres ese regulamento non exista, MOVENEDA quere ser esa ponte entre o veciñal e o institucional.

Non agardes a que os problemas se resolvan sos. Fainos chegar o que che preocupa, o que non funciona, o que non entendes ou o que cres que se podería mellorar. A túa pregunta pode ser a de moitos. E merece unha resposta.

Escríbenos. Estamos aquí para iso.


Etiquetas:

plenos, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.