Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Convocatoria de Pleno Ordinario para o vindeiro luns día 3 de agosto

Visitas: 41

Recibimos notificación de convocatoria de Pleno Ordinario para o vindeiro luns día 3 de agosto, na Casa do Concello, as 12:00 horas (12:00 h.)

A orde do día de asuntos a debater é:

  • Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 25/05/2026.
  • Dación de conta dos decretos da alcaldía do 13/2026 ao 22/2026.
  • Aprobación da modificación do proxecto “Pavimentación do camiño de Pontegrande” incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2026”.
  • Incorporación da parcela adquirida no Puntal de Abaixo n.º 24, xunto coa edificación denominada “Nave do Puntal” (referencias catastrais 15056A007003500001JL e 15056A007003500000HK) ao inventario municipal de bens e dereitos.
  • Establecemento de dous días festivos de carácter local para o ano 2027
  • Aprobación da “Política do sistema interno de información e garantías de protección das persoas informantes” e do “Procedemento de xestión e investigación do sistema interno de información (canle de denuncias)”.
  • Recurso de reposición de Adrián Rico Martínez contra o acordo plenario de 30/03/2026 relativo á aprobación da normativa de uso das redes sociais.
  • Aprobación do orzamento xeral do concello para o exercicio 2026.
  • Recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores con cargo ao orzamento do ano 2026 (Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos de aprobación plenaria).
  • Dación de conta da corrección de erro material en relación co acordo plenario de 25/05/2026 - Recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores con cargo ao orzamento actual (Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos), financiado con suplemento de crédito e crédito extraordinario, financiados con cargo ao RLTGX.
    Rogos e preguntas.

ASISTENCIA DOS VECIÑOS ÓS PLENOS

Como sempre, a sesión é publica e, polo tanto, aberta á veciñanza. Como xa é habitual en MOVENEDA, convidamos a toda a veciñanza a asistir e exercer o seu dereito a participacion democratica na vida publica e politica do noso concello.

ALVARIÑO NON QUERE TESTIGOS DO QUE ACONTECE NOS PLENOS

Lamentablemente o goberno de Alvariño non cree na participación democrática dos veciños nos asuntos públicos e, xa dende a súa primeira lexislatura, moveu os plenos a un horario que non permite que os veciños poidan achegarse e participar.

Dende MOVENEDA reclamamos que os plenos se celebren polas tardes despois das 19:30 horas como fan en outros concellos da contorna


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.