Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Corte do servizo de auga en moitos lugares de Neda

Visitas: 561

Os veciños de moitas zonas do concello botamos varios días con problemas no suministro de auga ou directamente sen el por mor unha avería, que semella xa esta reparada. Nas vindeiras horas se ira recuperando o servizo.

O Concello de Neda informou deficientemente ós veciños.

Esta avería explícase pola neglixencia e irresponsabilidade deste goberno. Van xa moitas veces que dende Moveneda reclamamos un plan de vixiancia e mantemento das redes de canalización públicas. Non se fixo.

Dende hai mais de 10 anos reclamamos velo contrato de Viaqua, para saber exactamente que obrigas ten esa empresa. O alcalde Alvariño leva vez anos ocultando esa información.

Dende MOVENEDA esiximos:

  • Que cando aconteza un incidente así o Concello inforne diariamente ós veciños da situación. Que inforne por radio, prensa, redes sociais e nos paneis do concello.
  • Que no teléfono de información do concello conteste alguén.
  • Que mentres dure unha avería como esta, o Concello proporcione auga por outros medios aos veciños e negocios que así o soliciten
  • O desconto proporcional dos días sen servizo na factura da auga a tódolos veciños.
  • Unha comisión informativa onde o alcalde, o concelleiro de servizos den cumpridas explicacións a os grupos da oposición.
  • A elaboración e posta en marcha dun protocolo de vixiancia e mantenentos periódicos do sistema de suministro de auga.
  • Que o alcalde deixe de agochar ós veciños o contrato de viaqua... ou teremos que recorrer á valedora do pobo para que inste ó Concello facilitar as información por 5ª vez

Un goberno sumido na incompetencia

O goberno de Alvariño é unha enorme máquina de non facer nada. Non facer nada é o seu traballo. Todo vai ben mentres outros lles fan o traballo. Os presupostos do concello? Os fai un administrativo. Problemas legais? Subcontratamos un abogado. Facer propaganda? Contratamos un periodista. Unhas festas? Subcontratadas. A xestión da auga? Subcontratada a Viaqua. O concello é una enorme subcontrata e cando chegan os problemas ninguén sabe de nada, ninguén sabe que facer e ninguén da a cara. 

O alcalde, que sempre está rápido para saír na foto, botou tres días desaparecido como a auga de Neda.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, servizos municipais, Valedora do Pobo


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.