Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Curso de dixitalizacion no rural... mentres no rural non hai rede ou é deficiente

Visitas: 263

O goberno do concello de Neda falsea a realidade para anotarse méritos que non lles corresponden e traballos que non fan. Estes días temos outro exemplo coa convocatoria de cursos de competencia dixital baixo o nome "Reto rural dixital".

No anuncio do concello se di que estes son un cursos "impulsados polo concello". Isto é falso.

Impulsado polo Ministerio

A realidade é que o Programa Reto Rural Digital esta impulsado polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través da Dirección General de Políticas contra la Despoblación e a Secretaría General para el Reto Demográfico.

Poden sumarse o programa os concellos con unha población igual o inferior a 5.000 habitantes.

Como pasa con outros programas e actividades, o concello de Neda únicamente solicita ou se inscribe no programa. Non organiza ni impulsa nada. Ven todo feito.

Os titulares contrastan coa realidade: cero esforzo nas cousas que si importan

En decembro lle transmitimo o goberno municipal queixas dos veciños da zona rural polas deficiencias nas redes de comunicacións, solicitando tamén información dos traballos do plan Rede Aberta, un tendido de fibra para telecomunicacións na zona rural. É este un proxecto do que se iniciaron os traballos, pero que pronto quedaron mangados a medio terminar. Cando preguntamos por este asunto ó goberno, a contestación do concelleiro Ángel García Cordero foi que "esto non é un tema do concello".

Isto da boa medida de como funciona o goberno de Alvariño: todo anuncios efectistas, fabricar titulares, facer cousas que necesiten pouco o cero esforzo e gasto, cero traballo, pero moita propaganda... Nas cousas que importan, como preocuparse e traballar para implantar unha boa rede de telecomunicacions no rural "non é tema do concello".


Etiquetas:

goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.